Galicia

A nova convocatoria formativa de Política Lingüística inclúe por primeira vez cursos Celga 3 en liña

O Plan de (tele)formación en lingua galega da Xunta de Galicia continúa a súa aposta pola formación en liña para chegar a calquera lugar e adaptarse aos diferentes horarios da poboación adulta, facilitando deste xeito o seu acceso ao coñecemento do galego. En concreto, a teleformación inclúe este ano por primeira vez cursos do nivel Celga 3 que se suman aos dos niveis Celga 1 e Celga 4 xa existentes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Redúcese a presenza do galego na campaña de rebaixas dos establecementos comerciais

A rúa do Príncipe de Vigo é un exemplo para constatar a escasa presenza do galego no comercio. Proba disto é que só a tenda do Celta conta con anuncios de rebaixas exclusivamente en galego, mentres que son seis os establecementos que anuncian os descontos en galego e castelán e o resto unicamente neste último idioma. Porén, o inglés está presente na maioría deles.

Fonte: La Voz de Galicia

A Universidade de Santiago convoca axudas á realización de teses en galego

O prazo de solicitude de axudas para a realización de teses en galego, que están dotadas con ata 400 euros en subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo, remata o 31 de outubro.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Constitúese a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua, formada inicialmente por 15 concellos, nace co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do galego. As entidades que integran este proxecto xa viñan colaborando xuntos en iniciativas como Apego, o certame Youtubeir@s ou o Clube de Debate.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Barro aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Barro, un texto que declara o galego como idioma oficial desta institución.

Fonte: CTNL

Valentín García acompaña a Rosalía Morlán na presentación da obra 'O dragón Antón e o sapo Rosendo'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou no Centro Galego de Arte Contemporánea a Rosalía Morlán Vieites (Trazo, A Coruña, 1959), gañadora do XXXIII Concurso Internacional de Poesía Hernán Esquío, na presentación da nova obra infantil O dragón Antón e o sapo Rosendo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convergências Portugal-Galiza estreita os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía

“A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, da Casa de Rosalía (Fundación Rosalía de Castro) e do Concello de Santiago de Compostela”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘Lingua de Namorar 2019’ promove o galego nas relacións persoais da mocidade e na internet

As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, presentaron, coincidindo coa celebración do Día dos namorados, unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso de mensaxes de amor dirixido á mocidade que ten como finalidade principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na internet.

Fonte: O Portal da Lingua Galega 

Un médico insta a unha paciente a non falar galego

Unha paciente denuncia a vulneración dos seus dereitos lingüísticos polo comentario do seu médico de cabeceira, quen a instou a que non falase en galego, razón pola que vai solicitarlle ao Sergas un cambio de facultativo.

Fonte: Sermos Galiza

Apróbase no Congreso unha iniciativa para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía galega

A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobou unha iniciativa presentada por En Marea destinada a garantir a normalización da lingua galega e o cumprimento dos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: El Correo Gallego

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder