Galicia

Xunta e Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en lingua galega ditada no xulgado de Arzúa

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo da primeira sentenza en lingua galega ditada no Xulgado de Arzúa, organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Tribunal Supremo confirma a sentenza que anula varios artigos da ordenanza do uso do galego en Lugo

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que en 2016 anulou varios artigos da Ordenanza de uso do galego do Concello de Lugo tras unha denuncia de Galicia Bilingüe.

Fonte: Lugo Xornal

A Real Academia Galega analizará a situación do galego entre a infancia e a mocidade de Ames

A Real Academia Galega e o Concello de Ames asinaron un convenio para elaborar o I Mapa Sociolingüístico Escolar de Ames 2019-2020. Para o desenvolvemento deste proxecto, a RAG analizará a situación do galego entre a infancia e a mocidade a través do estudo dos principais contextos de socialización da poboación de ata 18 anos do considerado como municipio máis novo de Galicia.

Fonte: Real Academia Galega

Valentín García participa nos actos de homenaxe a Rosalía de Castro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe a Rosalía de Castro polo 182 aniversario do seu nacemento. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Galicia celebra o legado do protagonista das Letras 2019, Antonio Fraguas Fraguas, cunha ampla programación conxunta

Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial, musical e escénico, entre outros, dirixidas a todos os públicos, e que terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xunta, Concello e empresariado impulsan en Redondela o uso do galego no sector da hospedaxe

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, participou nun encontro co empresariado responsable dos establecementos de hospedaxe de Redondela coorganizado pola Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, polo Concello e pola Asociación de Empresarios de Redondela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Rede de Dinamización Lingüística celebra en Ourense o Día Internacional da Lingua Materna

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) escolleu este ano o concello de Ourense para a celebración do Día Internacional da Lingua Materna, efeméride promovida pola Unesco e apoiada cada ano pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os concellos pontevedreses de Ponte Caldelas, Catoira e Vilaboa aproban cadanseu regulamento de uso da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva das ordenanzas que regulan o uso da lingua galega nos concellos de Vilaboa, Catoira e Ponte Caldelas. Nos devanditos regulamentos establécese o galego como idioma oficial destas tres entidades locais.

Fonte: CTNL

A docencia en galego na Universidade de Santiago de Compostela só alcanza o 22,5 %

O último número da publicación O Cartafol dixital recolle os datos sobre usos lingüísticos na actividade docente da Universidade de Santiago durante o curso 2018-2019. Entre a información proporcionada destaca o feito de que se imparten en castelán o 73,69 % das horas docentes; en galego, o 22,57 %; e noutras linguas (inglés, portugués…), o 2,74 %.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Madrygal réndelle homenaxe á investigadora rosaliana Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o IES de Mos e o Club de Lectura “Amibros” lle renderon no Auditorio Municipal de Vigo, tanto a Rosalía de Castro, cuxo nacemento se celebrará o vindeiro 24 de febreiro, como á que foi, ata o seu recente pasamento, a maior estudosa da súa vida e obra: Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder