Galicia

Valentín García destaca o papel do deporte na promoción do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado de Javier Blanco, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, abriu a I Xornada de Interpretación da Cultura e o Turismo nas Actividades Físicas e Deportivas organizada polo IES Terra de Turonio co apoio da Consellería do Medio Rural.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CEIP Xesús San Luís Romero e o IES Álvaro Cunqueiro gañan o concurso-exposición Letras Galegas

O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra) fixéronse cos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019 que, como cada ano, convocaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 35 concellos pontevedreses recibe axudas para normalización e dinamización lingüística da Deputación Provincial

A Deputación de Pontevedra entregará axudas para a promoción do galego a 35 concellos, sete dos cales dedicarán estas subvencións á creación ou mantemento do servizo de normalización lingüística, mentres que 28 as destinarán a programas de dinamización.

Fonte: Deputación de Pontevedra

O 20 de marzo entréganse os Premios San Clemente 'O Camiño das Letras'

O XXIV Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca O Camiño das Letras, impulsado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Abanca fará entrega dos seus galardóns a Marcos Calveiro (lingua galega), Pedro Mairal (lingua castelá) e Han Kang (lingua estranxeira) o mércores 20 de marzo, nun acto que se celebrará no auditorio compostelán Abanca.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Coruña acollerá algunhas das actividades centrais do certame de fomento do galego Youtubeir@s

A terceira edición do certame Youtubeir@s, que busca impulsar a creación de contidos audiovisuais en galego, celebrará na Coruña algunha das súas actividades centrais, como a Xornada para Youtubeir@s e a Lista de Reprodución ao Vivo.

Fonte: Código Cero

A Xunta celebra o Día da Lingua Galega no Bierzo

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra o Día da Lingua Galega no Bierzo coas XI Xornadas Frei Martín Sarmiento, dedicadas nesta ocasión aos concellos galegofalantes do Bierzo, baixo o título “Corullón: un castelo, viñas, soutos, cireixais e zoupeiros”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Lugo acolle unha concentración de protesta pola sentenza contra a ordenanza sobre o uso do galego do Concello

A plataforma Queremos Galego e o Concello de Lugo organizaron esta protesta á que acudiron ducias de persoas para protestar contra a sentenza do Tribunal Supremo contra a ordenanza de normalización lingüística aprobada en pleno por unanimidade.

Fonte: Sermos Galiza

O Concello de Pazos de Borbén aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de marzo de 2019 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Pazos de Borbén, un texto que declara o galego como idioma oficial desta administración.

Fonte: CTNL

O Ramón Piñeiro lembra a Luísa Villalta no seu quince cabodano

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participaron na apertura da xornada Palabra de muller coa que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) quere renderlle homenaxe á escritora Luísa Villalta no quince cabodano do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O galego convértese na quinta lingua na que se difunden as publicacións periódicas da Unión Astronómica Mundial

Martin Pawley é un afeccionado á astronomía que se puxo en contacto coa Unión Astronómica Mundial para preguntar pola posibilidade de traducir as súas publicacións quincenais ao galego. Así foi como se converteu na quinta lingua na que se podía ler o seu boletín, xunto co inglés, o xaponés, o serbio e o español. Posteriormente, sumáronse o italiano, o ruso e o portugués.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder