Galicia

O Concello de Santiago de Compostela organiza Tardes Xogantinas, unha iniciativa de lecer e socialización en galego

O Concello de Santiago de Compostela organiza, no marco do proxecto Agego, Tardes Xogantinas, unha iniciativa de lecer e socialización en galego dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos que se desenvolverá todos os mércores ata o 26 de xuño.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña convoca o X Premio Rosalía de Castro de Lingua

A Deputación da Coruña convoca o X Premio Rosalía de Castro de Lingua 2019, que ten como obxectivo recoñecer o traballo de persoas, colectivos, asociacións ou entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción do galego.

Fonte: Deputación da Coruña

A Universidade de Vigo convoca os seus Premios de poesía, relato curto e tradución literaria

Un ano máis a Universidade de Vigo quere premiar a creatividade e o talento literario en lingua galega dos membros da comunidade universitaria cunha nova edición dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello da Cañiza aproba a súa Ordenanza de normalización lingüística

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello da Cañiza, un texto que declara o galego como lingua propia e oficial desta Administración e idioma de uso normal en todas as súas actividades.

Fonte: CTNL

'Alguén que respira!' congrega na capital galega máis de medio cento de artistas para celebrar a poesía

Alguén que respira! II Festival de Poesía para o Corpo Principal, promovido polo Concello compostelán e pola Consellería de Cultura e Turismo e posicionado desde a súa primeira edición como un dos máis importantes encontros arredor da poesía de toda a Península, congrega na capital galega durante a semana que vén, do 21 ao 23 de marzo, máis de cincuenta poetas, performers, músicos e músicas, actores e actrices para celebrar a poesía como forza aglutinadora da cultura.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na apertura da xornada conmemorativa dos 150 anos da táboa periódica

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada O ano internacional do sistema periódico: reflexións desde Galicia, que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua aproba as súas liñas de acción para 2019

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua aprobou na súa Asemblea Xeral celebrada o pasado 9 de marzo en Santiago de Compostela as liñas de acción para este ano 2019.

Fonte: CTNL

A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha colección de suplementos temáticos para correctores ortográficos

Esta colección de suplementos temáticos para correctores ortográficos servirá para ampliar o dicionario xeral que usan por defecto estas ferramentas e engadir terminoloxía técnica de diferentes áreas de especialidade. Polo momento están dispoñibles os dicionarios das áreas de economía e empresa e de dereito, aos que proximamente se sumará o de matemáticas, para, ao longo dos vindeiros meses, ir publicando suplementos para outros ámbitos.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Valentín García destaca o papel do deporte na promoción do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado de Javier Blanco, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, abriu a I Xornada de Interpretación da Cultura e o Turismo nas Actividades Físicas e Deportivas organizada polo IES Terra de Turonio co apoio da Consellería do Medio Rural.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CEIP Xesús San Luís Romero e o IES Álvaro Cunqueiro gañan o concurso-exposición Letras Galegas

O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra) fixéronse cos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019 que, como cada ano, convocaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder