Galicia
Santiago de Compostela e Ponferrada acollerán probas Celga o vindeiro mes de xuño

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten aberto ata o 25 de abril o prazo para matricularse nas probas para a obtención dos certificados de lingua galega que se celebrarán en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) e en Ponferrada (niveis 2, 3 e 4) o vindeiro mes de xuño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Canta, miña pedra, canta' homenaxea a Fraguas no Carballiño e Mondoñedo nestes festivos

O FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará dúas paradas en Semana Santa coa actividade Canta, miña pedra, canta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ikea retira as versións en catalán e éuscaro da súa web mentres non poida incluír o galego
Ante a queixa dunha veciña de Oleiros por non poder consultar a web de Ikea en galego cando si existía versión en catalán e éuscaro, así como español e inglés, a multinacional sueca decidiu que, mentres non dispoñan da opción na lingua de Rosalía, retirarán temporalmente as opcións de vasco e catalán.
Fonte: La Voz de Galicia
A Universidade da Coruña convoca o XI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas de Fóra de Galicia

O XI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas de Fóra de Galicia, convocado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, consta de 80 horas lectivas e dous niveis de formación: elemental (A1-A2) e intermedio (B1-B2).
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta reivindica a figura de Antonio Fraguas coa exposición ‘Memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma’

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu na biblioteca Anxel Casal á apertura da exposición Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma, conmemorativa das Letras Galegas 2019.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional dedica un informe á relación de Galicia co ámbito da lusofonía

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional publicou un informe dedicado á relación de Galicia co ámbito lusófono baixo o título A lusofonía en Galicia: entre a lei Paz Andrade e a Estratexia Galega de Acción Exterior. Nel faise unha reflexión sobre a oportunidade económica e cultural que supón este vínculo e da vantaxe coa que conta Galicia pola proximidade lingüística entre o galego e o portugués.
Fonte: Praza Pública
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística critica o trato ao galego por parte de Facenda
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (ANFL) denunciou o desinterese polo galego da Axencia Tributaria, xa que a aplicación informática para presentar a declaración da renda nesta lingua presenta varios erros ortográficos e gramaticais.
Fonte: Galicia Confidencial
Publícanse as novas versións dos proxectos Corga e Xiada, dúas ferramentas que axudan ao avance do galego nas novas tecnoloxías

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publicou as novas versións do proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual) e do etiquetador/lematizador XIADA, dous recursos de grande utilidade para aumentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías.
Fonte: Código Cero
O Ramón Piñeiro publica os XIX ‘Cadernos de fraseoloxía galega’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), na presentación do volume décimo noveno dos Cadernos de fraseoloxía galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un estudo da Universidade de Santiago, os espazos urbanos galegos preservan mellor que os rurais o equilibrio lingüístico

Un equipo de catro físicos da Universidade de Santiago presentou un estudo que revela que as zonas urbanas facilitan o mantemento da diversidade fronte á globalización. No que respecta ás linguas, e no caso concreto de Galicia, mediante a aplicación dun modelo matemático conclúen que a evolución do número de falantes de galego e castelán cambia máis lentamente nas cidades.
Boletín
Subscríbase ao boletín