Galicia
Queremos Galego presenta os actos reivindicativos que prepara para o 17 de maio

A plataforma Queremos Galego fai un chamamento para que a sociedade se mobilice o vindeiro 17 de maio para esixir "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega. O cartel da xornada, deseñado por Luís Davila, terá como lema “Máis que nunca, Queremos Galego”.
Fonte: Praza Pública
Preséntase unha nova edición do Correlingua

O Correlingua 2019, organizado pola CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), comezará o 2 de maio en Cangas e terá como lema “O galego é a fórmula".
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do concurso Mazarelos que busca fomentar a creatividade literaria en galego
O concurso literario Mazarelos, que chega á súa quinta edición, ten entre os seus obxectivos fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.
Arrancan os clubs de lectura en librerías arredor do XIV Premio de Novela Europea Casino de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á rolda de prensa de presentación do inicio dos clubs de lectura que impulsan a Asociación Cultural Casino de Santiago e librerías compostelás no marco da campaña XIV Premio Casino de Santiago, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Carmen Pomar sinala como un referente na comunidade educativa a semana cultural do IES Antonio Fraguas Fraguas
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou a conferencia coa que o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes inaugurou a Semana Cultural Antonio Fraguas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García asiste á entrega dos XIV Premios á Calidade Lingüística da USC
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisitiu ao acto de entrega dos XIV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Máis de 1000 estudantes e 200 docentes participan no VII Rally Científico Matemático

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou, na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na entrega dos premios da final galega do VII Rally Científico Matemático, que organiza a Institución Galega de Ciencia, Igaciencia, xunto á Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta asina un acordo coa Universidade de Santiago para estudar como cambia o uso do galego na mocidade

O obxectivo deste acordo é que o Instituto da Lingua Galega (ILG), dependente da Universidade de Santiago, siga coas súas investigacións en 2019 e 2020, entre as que se atopan un estudo sobre como cambia o uso do galego entre a xente nova ou a continuación co atlas lingüístico.
Fonte: Galicia Confidencial
Só 59 estudantes galegos de secundaria e bacharelato elixen o portugués como primeira lingua estranxeira

Na actualidade 2391 persoas estudan portugués en Galicia como primeira ou segunda lingua estranxeira na ESO e en Bacharelato, o que supón un incremento de 260 estudantes con respecto ao curso anterior. Destes, só 59 escolleron o portugués como primeira lingua (un 2,5%), a maioría alumnos e alumnas de municipios limítrofes con Portugal.
Fonte: Praza Pública
Unha guía didáctica analiza a realidade lingüística de Moaña

A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra presentan Lingua e sociedade. Guía didáctica sobre os procesos sociolingüísticos en Moaña, un traballo destinado á comunidade educativa co obxectivo de amosar unha visión sobre a situación do galego, concretamente, neste municipio.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín