Galicia
‘Explícoche Matemáticas 2.0’, o certame que premia os mellores vídeos en galego sobre conceptos matemáticos, entrega os seus galardóns

A Universidade de Santiago entrega os galardóns da oitava edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’, un certame audiovisual que premia os mellores vídeos en galego que aclaran conceptos matemáticos.
O Portal das Palabras impulsa unha enquisa en liña para pedirlles a opinión aos seus usuarios
O Portal das Palabras quere coñecer a opinión que teñen os seus usuarios sobre os contidos que ofrece e saber cales botan en falta, polo que acaba poñer en marcha unha enquisa en liña que poderán cubrir ata a volta do verán.
Fonte: Real Academia Galega
A Universidade de Santiago acolle, no marco do certame Youtubeir@s, un encontro de intercambio de coñecementos, recursos e habilidades

No marco do certame Youtubeir@s, o concurso que ten como obxectivo encher as redes sociais con vídeos en galego, a Universidade de Santiago acolle o 28 de xuño o encontro “Lista de reprodución o vivo”, que busca intercambiar coñecementos, recursos e habilidades entre as persoas que integran a comunidade youtubeira.
Fonte: Código Cero
Valentín García participa na entrega dos premios de Banda Deseñada e de Ensaio do IES Xelmírez I

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, que tivo lugar na biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez I.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística distribuirá entre concelleiras e concelleiros unha guía para o uso do galego na Administración local

A Mesa pola Normalización Lingüística entregaralles a Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) aos máis de 3700 concelleiros e concelleiras que entran a formar parte das novas corporacións municipais. O obxectivo desta iniciativa é promover a normalización lingüística na Administración local a través dunha serie de medidas que poidan impulsarse desde as diferentes áreas dun goberno municipal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase a edición estival de #SenCancelas, unha iniciativa destinada á mocidade santiaguesa para crear espazos de socialización en galego

A mocidade de entre 14 e 17 anos é a destinataria do programa #SenCancelas, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo crear espazos de socialización en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García participa na presentación da reedición de 'Estirpe', libro-homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da reedición de Estirpe, poemario de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado por primeira vez hai 25 anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo' chega a Santiago para conmemorar ao protagonista das Letras Galegas 2019
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no IES compostelán Antonio Fraguas, no acto de inauguración da mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Miranda leva as novidades da Estratexia Retorna 2020 aos galegos de tres das principais cidades do Brasil, o terceiro país que rexistra máis retorno á comunidade
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo fin á viaxe polo Brasil cunha presentación da Estratexia Retorna 2020 e da evolución que está a experimentar o documento aprobado en abril do ano pasado polo Goberno galego para fomentar o retorno dos galegos do exterior.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A editorial Tulipa presenta en Santiago unha colección bilingüe de poesía
A editorial Tulipa presenta, na Semana do Libro de Compostela, a Colección 10x15 con cinco cadernos de poesía bilingües nos que o galego é sempre un dos dous idiomas.
Fonte: Culturagalega.org
Boletín
Subscríbase ao boletín