Galicia
Valentín García participa en Caminha na apertura do Encontro de Tocadores
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no paseo institucional que abriu o Encontro de Tocadores, cun traxecto de Caminha a Camposancos a bordo do Ferryboat St. Rita Cássia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Ourense convoca a décima edición do certame Ouff Escola

O X Certame de Cinema OUFF Escola, convocado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre a mocidade, a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese en Santiago no marco da programación institucional da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, que se exhibe no IES compostelán Rosalía de Castro impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Dous docentes da Universidade de Vigo publican en galego un libro pioneiro sobre a orixe dos símbolos matemáticos

Dous docentes do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo, Nicanor Alonso e Miguel Mirás, acaban de publicar Mate-glifos, un volume que recolle a orixe e a evolución das matemáticas a través dos seus símbolos. Grazas a esta obra pioneira, o galego convértese na primeira lingua do mundo na que se aborda este tema como divulgación científica.
Fonte: Universidade de Vigo
O IES de Foz gaña o I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregoulle o premio do I Certame Escolar Internacional de Podcasts en Galego Xosé Mosquera a alumnado do IES de Foz polo seu traballo Antón Fraguas en directo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca prazas en 10 centros de estudos galegos de Europa e América

A Consellería de Cultura e Turismo convoca, por medio de dúas ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia, dez prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas noutras tantas universidades integradas na Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As universidades galegas ofrecerán o vindeiro curso seis graos co 80 % dos créditos en galego

Segundo a proposta aprobada pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, o vindeiro curso as titulacións en Comunicación Audiovisual, Educación Infantil e Educación Primaria da Universidade de Vigo; Xornalismo e Educación Social da Universidade de Santiago; e Educación Social da Universidade da Coruña poderán impartirse cun 80 % da docencia en galego.
Fonte: Universidade de Vigo
Os Premios Peña Novo destacan o compromiso co galego dos galardoados no desempeño da súa actividade profesional
O xurado dos Premios Peña Novo acordou galardoar polo seu compromiso co galego no desenvolvemento da súa actividade profesional ao profesor emérito da Universidade de Santiago, Manuel Bermejo Patiño; á maxistrada, Paz Filgueira Paz; e ao director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Carlos Salgado López.
Fonte: Faro de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística lanza un videoclip dedicado aos fenómenos meteorolóxicos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de lanzar un videoclip, realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción O tempo meteorolóxico de Magín Blanco e destinado ao alumnado de educación infantil, co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario en galego neste ciclo educativo.
Fonte: Código Cero
Os gañadores de 'Nós tamén creamos!' e de 'REC-CURTA' visitan o festival de cine de Cans

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, acompañaron 43 estudantes do CEIP A Xunqueira n.º 2 de Pontevedra, 25 do CPR Plurilingüe Padres Franciscanos de Lugo e outros 25 do CPR Plurilingüe María Inmaculada de Vigo na súa visita ao XVI Festival de Cans.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín