Galicia

‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’ exhíbese no pazo de San Roque durante esta semana

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou a mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O IGE constata que aumenta o número de persoas que fala galego, que se consolida como lingua maioritaria

O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, que mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu ante os medios para valorar os resultados.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta celebra o Día Europeo das Linguas cun recitado multilingüe de Rosalía de Castro

 A Xunta de Galicia celebrou no Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na compostelá praza das Praterías, o Día Europeo das Linguas. Fíxoo cun acto durante o cal peregrinos e estudantes Erasmus procedentes de toda Europa recitaron poemas galegos da poetisa Rosalía de Castro traducidos a cadansúa lingua.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase o VII Premio de Textos Teatrais Varela Buxán co obxectivo de impulsar o cultivo do galego como ferramenta literaria

A Escola Municipal de Artes Escénicas e o Concello da Estrada convocan a sétima edición do Premio de Textos Teatrais Varela Buxán, que ten entre os seus obxectivos divulgar a vida e obra do dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán e fomentar o uso da lingua galega como ferramenta literaria.

Fonte: A Estrada na Rede

Gonzalo Hermo gaña o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra 'Diario dun enterro'

O filólogo, profesor e escritor Gonzalo Hermo, gaña a XIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega pola súa obra Diario dun enterro. Así o deron a coñecer na Coruña o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da refinería de Repsol, Javier Sancho, e a voceira do xurado, a novelista e poeta Berta Dávila.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires visita a Cidade da Cultura

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu na Cidade da Cultura a 22 alumnos e a dúas profesoras do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires que estes días visitan Galicia en viaxe de estudos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Reclámanlle a Ikea atención en galego no seu centro da Coruña

Varios membros da Mesa pola Normalización Lingüística protestaron no centro comercial de Ikea na Coruña polo seu menosprezo cara ao galego, pois o catálogo nesta lingua só se atopa en atención ao cliente e devolucións.

Fonte: Sermos Galiza

O Centro Ramón Piñeiro homenaxea o profesor, crítico e investigador Luís Alonso Girgado

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) rendeulle homenaxe ao profesor, crítico literario e investigador Luís Alonso Girgado, con motivo da súa xubilación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición do Concurso de Relato Oral “Tíralle da lingua”

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o XVIII Concurso de Relato Oral “Tíralle da Lingua”, un certame dirixido á comunidade educativa que ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego para que se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza varios cursos para este outono

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ten previstas dúas actividades para os vindeiros meses: unha nova edición do curso “Achégate ao galego!”, dirixido a persoas con poucos coñecementos desta lingua; e o curso de literatura de transmisión oral “Somos herdeiros”, deseñado para difundir o noso patrimonio oral (cantigas, refráns, lendas, contos...).

Fonte: Vigo en Galego

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder