Galicia

Fanse públicas as empresas galardoadas cos Premios Bacelos de Prata pola súa aposta polo galego

A Asociación Álvaro das Casas deu a coñecer os galardoados dos Premios Bacelos de Prata, que recoñecen o labor de empresas que apostan polo uso do galego na etiquetaxe dos seus produtos. Nesta edición resultaron premiadas a adega Solaina Minei (Castrelo de Miño) e Queixerías Bama (Touro).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa na presentación de ‘Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación da obra Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e obra do helenista e poeta, que acolleu o compostelán Pazo de San Roque.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan a XX edición dos Premios Manuel Beiras

Os Premios Manuel Beiras, que cumpren vinte anos, abren unha nova convocatoria para recoñecer e poñer en valor as empresas santiaguesas que usan o galego na súa comunicación.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Máis de 1000 persoas concorren na fin de semana ás probas Celga

Máis de 1000 persoas concorreron esta fin de semana, en Santiago de Compostela e Ponferrada, á segunda convocatoria de probas do 2019 para acreditar oficialmente o seu nivel de competencia en lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Berta Dávila recolle na Estrada o premio de novela Manuel García Barros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal da Estrada na entrega do XXXI Premio de Novela Manuel García Barros á novelista e poeta Berta Dávila Fernández pola obra Carrusel.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xunta e Consello da Cultura presentan o foro ‘Patrimonio e Sociedade’

Nas vésperas do Día Internacional do Patrimonio Mundial, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega (CCG) presentaron na sede deste último organismo o Foro Patrimonio e Sociedade que se desenvolverá entre decembro deste ano e novembro de 2020.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'Fillos do sol' sobe a Pondal aos escenarios do FalaRedes para dinamizar a lingua na mocidade

“A oitava edición do programa FalaRedes sobe a Eduardo Pondal aos seus escenarios para dinamizar o uso do idioma na mocidade e achegarlle a figura, sempre controvertida, e a obra do bardo bergantiñán que encamiñou toda a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e que foi piar, con Rosalía e Curros, do Rexurdimento galego”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación da xira desta peza teatral dirixida por Cándido Pazó.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Fegamp comprométese a facerlles chegar aos concellos a 'Guía para o uso do galego na Administración local'

A Guía para o uso do galego na Administración local, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística, ten como obxectivo que os concellos galegos se impliquen na posta en marcha de políticas a prol do galego. O presidente da Fegamp reuniuse con membros desta plataforma e comprometeuse a facérllela chegar aos concellos que participen na próxima asemblea do organismo.

Fonte: GaliciaPress

Preséntase un novo número de Cumieira, unha publicación do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo

O número 4 de Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega contén seis investigacións sobre lingua ou literatura galegas realizadas por mozas e mozos investigadores da Universidade de Vigo.

Fonte: Universidade de Vigo

Valentín García participa na entrega dos XXIX Premios San Martiño de Normalización Lingüística

O Teatro Principal estradense acolleu a entrega da XXIX edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, uns galardóns outorgados polo Padroado dos Premios San Martiño que destacan o labor que diversas persoas e colectivos realizan a prol da difusión e promoción da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder