Galicia
Convócase unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa “Nós tamén creamos!” para o curso académico 2019/2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Narón pon a disposición dos establecementos comerciais etiquetas en galego para colocar nos agasallos

Os establecementos comerciais de Narón poderán solicitar as etiquetas adhesivas que ofrece o Concello con lemas en galego para colocar nos agasallos durante o Nadal.
Fonte: Concello de Narón
Xa se coñecen os seis termos finalistas que aspiran a se converter na Palabra do Ano 2019

Os seis termos finalistas son ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación, quecemento global e sentidiño. O público poderá participar na votación virtual, a través do Portal das Palabras, ata as 23:59 horas do 25 de decembro.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Vigo organiza actividades de lecer en galego durante o Nadal

O Concello de Vigo organiza unha nova edición de “No Nadal… un conto”, un programa de actividades destinado ao público familiar e infantil que busca crear espazos de lecer en galego. A iniciativa, que se desenvolverá entre o 15 de decembro de 2019 e o 4 de xaneiro de 2020 en diferentes lugares da cidade, inclúe obradoiros de ilustración, música e xogos, entre outras actividades.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega pronúnciase sobre o informe do Consello de Europa e insta a Xunta a seguir as súas recomendacións
A Real Academia Galega (RAG) fixo unha declaración verbo dos acordos do Comité de Ministros do Consello de Europa sobre a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, o cal aprobou unha serie de recomendacións para o seu cumprimento relativas ao uso do galego na xustiza, no ensino e na Administración do Estado, unhas recomendacións que están na liña das demandas da propia RAG.
Fonte: Real Academia Galega
A plataforma Queremos Galego convoca manifestacións para esixirlle á Xunta que cumpra as recomendacións do Consello de Europa
A plataforma convoca estas manifestacións nas sete principais cidades galegas para demandarlle á Xunta que cumpra as recomendacións do Consello de Europa e derrogue o decreto de plurilingüismo.
Fonte: Galicia Confidencial
Xa se coñecen as tres longametraxes finalistas do Premio de Guión en Galego

O I Premio de Guión en Galego para Longametraxe 2019, que convoca a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), xa ten tres finalistas, entre os que se escollerá o gañador que se coñecerá nunha cerimonia o 20 de decembro.
Fonte: Faro de Vigo
Os Premios Manuel Beiras ao uso do galego no ámbito empresarial xa teñen gañadores

Xa se coñecen as empresas e as entidades galardoadas na XX edición dos Premios Manuel Beiras, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. Trátase de Strelia Electrotecnia, Numax e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos.
O Centro Ramón Piñeiro presenta a nova versión do Corpus Documental do Galego Actual CORGA 3.2.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova versión do Corpus Documental do Galego Actual (CORGA 3.2.), unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) representativa do uso lingüístico do galego actual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Bota a andar na Coruña a Comunidade de Creadores de Contido en Galego
CCCG, a Comunidade de Creadores de Contido en Galego, nace coa vontade de reunir na Coruña persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en lingua galega.
Fonte: Coruña Dixital
Boletín
Subscríbase ao boletín