Galicia
O académico Francisco Fernández Rei pronuncia unha conferencia sobre a fala de Cambados
O pazo de Fefiñáns de Cambados acolleu unha conferencia impartida polo filólogo e académico Francisco Fernández Rei sobre a fala típica desta vila salnesá.
Fonte: RAG
A Real Academia Galega expresa o seu pesar polo falecemento de Andrés Fernández-Albalat Lois
A Real Academia Galega expresou o seu fondo pesar polo pasamento de Andrés Fernández-Albalat Lois, arquitecto membro da institución desde o ano 1999.
Fonte: Real Academia Galega
Miranda agradece ao Lar Galego de Pamplona o seu traballo a prol da lingua e da cultura galegas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con María Jesús Rodríguez García, presidenta do Lar Galego de Pamplona, quen lle deu conta das recentes actividades desenvolvidas por esta comunidade galega, a única existente nesta rexión e que leva máis de sesenta e cinco anos espallando e divulgando a cultura galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Estréase o xornal en galego 'Nós Diario'

O 2 de xaneiro estreouse o diario galego Nós Diario. O xornal publicarase integramente en galego en papel e na rede de martes a sábado e chegará aos domicilios de máis de 3000 persoas subscritoras.
Fonte: Nós Diario
Nadal en Rede dálle a benvida ao aninovo coa nova peza ‘O vixilante dos soños’
O programa Nadal en Rede, impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, dálle a benvida ao aninovo coa peza teatral O vixilante dos soños, que chega da man da dramaturga e actriz Ana Carreira e Ubú Teatro á Cañiza, Cuntis, Pontedeume e A Pobra do Caramiñal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un proxecto conmemora os 30 anos da estrea das tres primeiras longametraxes en lingua galega

No ano 2019 o audiovisual galego conmemora os 30 anos da estrea das tres primeiras longametraxes en lingua galega: Sempre Xonxa, Continental e Urxa. Para celebralo, o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia, creou un sitio web cuxo obxectivo é reivindicar estes tres filmes como parte esencial da cultura galega contemporánea.
Fonte: Consello da Cultura Galega
“A Galiña Turuleca” contará cunha versión en lingua galega

A película de animación 3D A Galiña Turuleca, producida por Tandem Films e Filmax, estréase nos cines españois o 1 de xaneiro e contará cunha versión en galego e outra en castelán.
Fonte: Extra Digital
A Rede de Dinamización Lingüística pecha o 2019 en Cerdedo-Cotobade

Como vén sendo habitual, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou na vila natal do autor homenaxeado polas Letras Galegas ‒neste caso, Antonio Fraguas‒, a súa VIII reunión ordinaria anual, que presidiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, coa participación do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, así como a doutros representantes de entidades que conforman a Área Política do proxecto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o XXVI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

Poderán presentarse ao XXVI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro (convocado polo Concello de Lalín en colaboración coas tres universidades galegas) artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios etc., publicados en galego ou en castelán en diferentes medios, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, e a gastronomía, en xeral, nos últimos 2 anos.
Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Preséntanse as actividades de fomento do galego nos centros de ensino de Redondela
A alcaldesa de Redondela presentou as liñas de traballo acordadas na reunión anual da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para os centros educativos.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín