Galicia
A Coruña acolle unha mesa de debate sobre o futuro da lingua galega
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan na Coruña a mesa de debate “Liberdade para o galego? Presente e futuro da lingua”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha campaña para impulsar a aplicación “Abertos ao Galego”

“Abertos ao Galego” é un proxecto impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística para potenciar o uso do galego no ámbito empresarial que inclúe unha aplicación móbil que permite localizar os negocios que xa se adheriron á iniciativa.
Fonte: Praza Pública
Rosario Álvarez recibe un dos Premios Cidade de Pontevedra polo seu labor a prol da lingua galega
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, foi unha das galardoadas nos Premios Cidade de Pontevedra, a súa localidade natal, pola súa traxectoria, que inclúe o seu labor como catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago e directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega.
Fonte: Real Academia Galega
Publícase a convocatoria para realizar proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicaron a resolución pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2019/2020.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Soutomaior organiza un concurso literario para promover o uso do galego entre a mocidade

O concurso “Verbas para… comunicar 2019” alcanza a súa décimo terceira edición co obxectivo de potenciar o uso do galego e reafirmar a súa expresión como lingua próxima, útil e moderna. Poderán participar no certame os menores de 20 anos empadroados en Soutomaior con propostas en dous formatos: pezas redactadas e audiovisuais.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Santiago de Compostela organiza un curso para mellorar as habilidades comunicativas
O Curso de habilidades comunicativas está dirixido ao alumnado da Universidade de Santiago e ten como obxectivo ofrecerlle recursos e ferramentas para redactar e defender oralmente os seus traballos académicos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Nace un novo xornal en galego dedicado ao deporte feminino

As Nosas é un xornal deportivo en galego pensado para darlle protagonismo ao deporte feminino que se practica en Galicia. Trátase dun medio dixital no que as mulleres son as protagonistas pero que está dirixido a toda a sociedade galega.
Fonte: CulturaGalega
A mostra 'Don Ricardo de Fingoi' presenta a relación de Carballo Calero coa cidade de Lugo
O lucense Colexio Fingoi acolleu a inauguración da mostra “Don Ricardo de Fingoi (Carballo Calero en Lugo)”, que conmemora os 15 anos en que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na cidade da Muralla para exercer como profesor e conselleiro delegado daquel centro educativo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña apoiará a celebración do Correlingua
A Deputación da Coruña asinou un convenio de colaboración co presidente do Correlingua polo que se compromete a apoiar esta carreira en favor do galego que percorre varios concellos da provincia.
Fonte: Deputación da Coruña
O calendario da Universidade de Vigo para 2020 visibiliza os traballos dos grupos de investigación que apostan polo galego

Baixo o lema “A investigación dá froitos”, cada mes deste novo calendario da Universidade de Vigo está asociado a unha froita xunto á que aparecen os doce grupos de investigación comprometidos coa defensa e a visibilización da lingua galega no eido científico.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín