Galicia
O Concello da Estrada publica as bases dos seus premios literarios de poesía e novela en lingua galega

O Concello da Estrada publicou as bases do XXXII premio de novela Manuel García Barros e da XXIV edición do premio de poesía Avelina Valladares, cuxo prazo de presentación finaliza o 15 de maio.
Fonte: Faro de Vigo
O Consello da Cultura Galega publica un especial en liña sobre Ricardo Carballo Calero
Este especial en liña sobre Carballo Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, coincide co 30 cabodano do seu falecemento e inclúe información biográfica, fotografías e audios, un epistolario etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo imparte un obradoiro sobre cultura e lingua xaponesas
O obradoiro de Extensión Universitaria sobre o país nipón, que se está a celebrar na Universidade de Vigo cun importante éxito de asistencia, trata aspectos como a lingua, a caligrafía, a comida, as artes marciais, o manga... As clases, que comezaron a principios de marzo, víronse aprazadas debido á crise do coronavirus.
Fonte: Universidade de Vigo
A Televisión de Galicia estrea un bloque de contidos educativos en galego

O novo bloque de contidos educativos emitirase de luns a venres pola canle G2, entre as 11:00 e as 13:00 horas, e inclúe series educativas para os máis pequenos e vídeos didácticos de xeoloxía, bioloxía e xeografía para o alumnado de secundaria e bacharelato.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha nova edición de “Ben veñas, maio”, un programa que premia a creatividade en galego do alumnado de secundaria de Pontevedra

O programa "Ben veñas, maio”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega dos IES e CIFP desta cidade, conta con diferentes categorías: música, banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía, curtametraxe e videoclip musical.
Fonte: Concello de Pontevedra
A Escola Galega de Administración Pública organiza un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

A Escola Galega de Administración Pública (Egap) organiza varias actividades formativas dirixidas ao persoal da Administración local, entre as que figura un curso en liña de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un grupo de docentes crea o proxecto Aulas Galegas, un sitio web con recursos didácticos en galego

O proxecto Aulas Galegas recolle nun sitio web recursos didácticos en galego clasificados por materia e nivel educativo. Trátase de contidos educativos elaborados polo colectivo de profesoras e profesores que impulsaron a iniciativa, aos que sumarán outros materiais que xa están accesibles na rede.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia pon en marcha a campaña #Aculturasegue para potenciar os recursos culturais en galego

A Consellería de Cultura e Turismo puxo en marcha a campaña #Aculturasegue con recursos en liña dos seus arquivos, museos e bibliotecas etc., así como ferramentas para a difusión, uso e perfeccionamento da lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
O tecido cultural galego ofrece cine, música e contos en lingua galega para o período de confinamento

O tecido cultural galego ofrece recursos culturais e de lecer para estes días de illamento, no eido audiovisual, coa proxección de cinema na rede, ou con recursos, como contos e música, para que os máis pequenos se entreteñan.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos "Galego sen fronteiras"

Ata o 17 de abril permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras" que este ano chegan á súa trixésimo terceira edición.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín