Galicia
O Día dos Medios en Galego visibiliza o uso da lingua propia de Galicia no ámbito do xornalismo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Casino1889 de Carballo, nos actos de celebración do Día dos Medios en Galego organizados pola Amega (Asociación de Medios en Galego) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea que recoñece o traballo a prol do galego na Universidade de Santiago

O III Premio Luís Porteiro Garea, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivos recoñecer o traballo de persoas ou organizacións que traballan a prol do uso do galego na institución compostelá e homenaxear a figura deste profesor de dereito civil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Dicionario da Real Academia Galega conseguiu unha media de máis de 70 000 buscas diarias en 2019

En 2019 o Dicionario da Real Academia Galega superou os 25,8 millóns de buscas, o que significa unha media de máis de 70 000 diarias e un incremento do 18,3 % con respecto a 2018.
Fonte: Real Academia Galega
Valentín García participa na presentación da nova edición do Concurso Balbino de Relatos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Gres, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, na presentación da V edición do Concurso Balbino de Relatos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O certificado de acreditación da lingua galega (Celga) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago organiza un obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego
O “Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica I” está destinado ao alumnado da Facultade de Dereito, onde se desenvolverán as sesións os días 19, 20, 26 e 27 de febreiro; e 4, 5 e 11 de marzo de 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación da Coruña convoca axudas para os servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación da Coruña publicou a convocatoria de axudas dirixidas ás entidades locais para a creación, mantemento e reforzo dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2020.
Fonte: Deputación da Coruña
Un estudo do Instituto da Lingua Galega revela que A Lama é o concello onde se fala o galego máis normativo
Xulio Sousa, membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), acaba de publicar na revista Languages un estudo que mostra que a localidade onde se fala unha variante do galego máis parecida ao estándar é A Lama (Pontevedra), cun 82,09 % de semellanza, mentres que as maiores diferenzas se observan na localidade leonesa de Pombriego, na que a variedade falada só se asemella nun 34,29 % ao galego normativo.
Xa están dispoñibles na rede os vídeos da última edición do encontro LGx15
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua acaba de publicar en YouTube as oitos intervencións da última edición do evento LGx15, unhas charlas breves que compilan ideas, experiencias e recomendacións que poden mellorar o futuro do galego.
Fonte: CulturaGalega
O primeiro volume de "Anatomía do pensar" analiza as peculiaridades do discurso filosófico
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o profesor e filósofo Marcelino Agís Villaverde na presentación da súa obra Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 1: O discurso filosófico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín