Galicia

Un novo recurso educativo presenta 30 propostas de música actual en galego

Este novo recurso educativo, impulsado polo profesor de Lingua Galega e Literatura Nel Vidal Barral, ten como obxectivo que os mozos e mozas coñezan a diversidade de grupos e artistas que actualmente fan música en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Nós Diario organiza un curso de lingua galega centrado na mellora de usos

Nós Diario, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, vai desenvolver, a partir do 5 de maio, e durante tres semanas, un curso de lingua galega centrado na mellora de usos para, desta maneira, aproximarse a unha maior calidade de lingua.

Fonte: Nós Diario

A Universidade de Santiago convoca a novena edición do certame 'Somos a curta!', unha iniciativa de impulso do galego no audiovisual

Ata o 19 de outubro permanecerá aberto o prazo para presentar traballos ao certame 'Somos a curta!', unha iniciativa impulsada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación para promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo realizará os exames de xeito telemático

O Centro de Linguas decidiu que os exames se realizarán en modalidade telemática, así como que se suspendan as probas do CertAcles de inglés B1, B2 e C1, que se substitúen por exames con certificación propia do centro.

Fonte: Universidade de Vigo

Máis de 1500 persoas aprenden galego no marco do Plan de Teleformación de Política Lingüística para 2020

Máis de 1500 persoas aprenden galego durante estas semanas a través dos cursos en liña que ofrece a Xunta de Galicia no marco do Plan de Teleformación en Lingua Galega para o ano 2020 para residentes tanto na comunidade como noutras zonas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra convoca o Premio María Victoria Moreno de literatura infantil e xuvenil en lingua galega

Trátase da terceira edición deste galardón de literatura infantil e xuvenil, que se instaurou hai dous anos para homenaxear a escritora María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2018. As obras que se presenten a este certame deberán ser inéditas e estar escritas en lingua galega.

Fonte: Diario de Pontevedra

Os préstamos de libros en galego quintuplícanse na plataforma GaliciaLe

A plataforma GaliciaLe, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, quintuplicou entre o 14 de marzo e o 14 de abril deste ano o número de préstamos de material dixital en galego con relación ao mesmo período do pasado 2019. Así, se daquela a cifra era de 786 préstamos, pasouse a 4173 desde que se facilitou o seu uso co comezo do confinamento.  

Fonte: CuturaGalega

A Universidade de Santiago amplía o prazo de presentación de candidaturas para o III Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego

O prazo para presentar candidaturas ao III Premio Luís Porteiro Garea amplíase ata o 31 de maio de 2020. Trátase dun galardón que recoñece o esforzo de persoas ou entidades que traballan a prol da normalización do uso do galego na Universidade de Santiago.

Fonte: Universidade de Santiago

Ascende a 765 o número de textos presentados ao concurso de microrrelatos convocado pola RAG e PuntoGal

A Real Academia Galega e PuntoGal adiarán a resolución do concurso de microrrelatos, que veñen convocando desde 2018, debido aos atrancos provocados polas medidas de confinamento.

Fonte: Real Academia Galega

Os museos e arquivos da Xunta súmanse á celebración do Día do Libro facendo visible o seu patrimonio bibliográfico

Os museos e arquivos xestionados pola Xunta de Galicia súmanse á programación en liña con motivo do Día do Libro o vindeiro xoves 23 de abril. O obxectivo é fomentar a lectura entre a sociedade e seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder