Galicia

A Deputación de Pontevedra convoca cursos de formación de contidos lingüísticos para o seu persoal

A Deputación de Pontevedra convoca unha serie cursos formativos entre os que se atopan dous de contido lingüístico dedicados á linguaxe inclusiva. Estes cursos están destinados tanto ao seu persoal como ao dos concellos da provincia adheridos ao Plan agrupado de formación continua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Os proxectos ‘Recordando Carvalho Calero’ e ‘Unha vida polo galego’ locen xa no Portal da Lingua Galega

Dous dos proxectos que adquiren cada ano maior protagonismo no Mes das Letras Galegas para festexalas e honrar o autor anfitrión, desta vez Ricardo Carvalho Calero, xa están dispoñibles para a súa descarga libre e de balde desde o Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

As bibliotecas públicas da Xunta súmanse á programación en liña conmemorativa do Día das Letras Galegas

As Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta súmanse aos actos para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo presenta o seu Plan de desconfinamento da lingua galega

O Plan de desconfinamento da lingua galega, impulsado polo IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, ofrece unha serie de medidas, para que o alumnado desenvolva coa axuda do profesorado, destinadas a desconfinar gradualmente o galego ata acadar unha nova normalidade lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Unha campaña nas redes sociais busca poñer en valor os produtos etiquetados en galego e promover o seu consumo

O Foro Peinador, a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros e a Xunta de Galicia puxeron en marcha nas redes sociais a campaña “Con acento propio”, unha iniciativa que ten como obxectivo que a cidadanía identifique o uso do galego na etiquetaxe de produtos alimentarios como unha marca de calidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Bibliotecas do Concello da Coruña organizan distintas iniciativas para "desconfinar" o galego

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña organiza distintas actividades para "desconfinar" o galego. Entre outras iniciativas, iniciarase unha campaña en redes sociais para convidar a cidadanía a participar cubrindo a cara con materiais nesta lingua (libros, CD, filmes...).

Fonte: Galicia Confidencial

Unha iniciativa busca converter en tendencia mundial o cancelo #EuFaloGalego o Día das Letras Galegas

A comunidade Orgullo Galego lanza unha iniciativa que busca converter en tendencia mundial o cancelo #EuFaloGalego para darlle visibilidade á lingua galega o 17 de maio, unha proposta que conta co apoio de varias organizacións e perfís.

Fonte: Galicia Confidencial

A Universidade de Santiago mantén aberto o prazo para participar nos Premios á calidade lingüística

Os Premios á calidade lingüística, que este ano chegan á súa edición número 16, teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado da Universidade de Santiago e neles destácanse os mellores traballos académicos, fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM) redactados nesta lingua.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta impulsa a programación máis dixital polo Día das Letras Galegas para renderlle tributo a Carvalho Calero

Galicia intensifica os seus recursos en liña para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio, que xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día Grande das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado do seu equipo e membros do Igape, presentou a través dun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais e axentes do sector cultural o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder