Galicia

Varios colectivos presentan unha proposta para impulsar o galego no sistema educativo

A Mesa pola Normalización Lingüística e varios colectivos do mundo do ensino presentaron unha proposta para impulsar a lingua galega nas diferentes etapas do sistema educativo.

Fonte: Galicia Confidencial

A Real Academia Galega publica un volume cos traballos presentados na IV Xornada de Onomástica

Os traballos presentados na IV Xornada de Onomástica, celebrada no Museo de Pontevedra o pasado mes de outubro, recompílase nun volume, que xa se pode descargar na web da RAG, no que se destaca a importancia de preservar a toponimia tradicional.

Fonte: RAG

Anúncianse os vídeos premiados na edición deste ano de Enreguéifate, o certame de improvisación oral en verso

Enreguéifate, o proxecto posto en marcha en 2017 polo Concello de Santiago co obxectivo de difundir a tradición da improvisación oral en verso en galego, anunciou os vídeos premiados na edición deste ano.

Fonte: Praza Pública

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta alegacións á RTP de Betanzos

O Concello de Betanzos anunciou a aprobación provisional da súa relación de postos de traballo na que non se inclúe a praza de técnico/a de normalización lingüística. Por este motivo, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presentou alegacións co fin de que se corrixa esta eiva na aprobación definitiva da RPT.

Fonte: CTNL

Publícanse as bases reguladoras da XXXIX edición do Premio Blanco-Amor de novela longa en lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou as bases reguladoras da XXXIX edición do Premio Blanco-Amor de novela longa, o máis antigo, máis prestixioso e de maior dotación económica das letras galegas, no que poden participar autoras e autores que presenten unha ou varias obras escritas en galego segundo a normativa oficial.

Fonte: Galicia 24 Horas

A Universidade de Santiago convoca axudas para a realización de teses en galego

A Universidade de Santiago convoca, un ano máis, estas axudas que teñen como obxectivo que o galego se converta nunha lingua de uso normal na redacción e defensa das teses de doutoramento.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Un grupo de especialistas da Universidade de Vigo crea unha web para o ensino e a interpretación da lingua de signos

Especialistas da Facultade de Filoloxía e Tradución crearon iSignos, unha ferramenta de consulta, aberta e gratuíta, na que se pon a disposición das persoas interesadas un corpus de anotación da lingua de signos española, coas súas correspondentes glosas identificativas.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello de Vigo organiza un obradoiro de escrita dramática en lingua galega

Este obradoiro de escrita dramática ten como obxectivos desenvolver e potenciar as habilidades creativas en lingua galega das persoas participantes, así como ofrecerlles as ferramentas necesarias para a comprensión da dramaturxia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca a sexta edición do Premio Literario Mazarelos, para fomentar a creatividade en galego do alumnado

A sexta edición do Premio Literario Mazarelos, un galardón que ten como obxectivos fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en galego, terá como tema central 'O galego confinado'.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Policía Local de Carballo crea XesPol, unha ferramenta informática que permite realizar trámites en galego

A plataforma XesPol, creada por dous policías locais de Carballo, foi cedida gratuitamente aos concellos galegos, polo que na actualidade a empregan en 29 municipios. A Mesa pola Normalización Lingüística felicitou esta iniciativa, xa que lle permite á cidadanía facer operacións e consultas en galego.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder