Galicia
Nós Televisión e o Club de Debate recibirán os Premios Rosalía de Castro de Normalización
Nós Televisión e o Club de Debate, representado pola Asociación e Entidades Locais pola Lingua Galega, recibiron o XI Premio Rosalía de Castro de lingua galega da Deputación da Coruña.
Fonte: Deputación da Coruña
O programa da TVG "Galicia por diante" incorpora unha sección de consellos para neofalantes
O programa de TVG Galicia por diante incorpora esta verán un novo espazo que ten por obxectivo gañar novos e novas falantes para a lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Santiago de Compostela presenta unha nova edición do concurso #fotolingua

O concurso #fotolingua ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais de Santiago comprometidos co uso do galego. Os comercios que desexen participar, deben seguir a conta de Facebook ou de Instagram da iniciativa e subir unha fotografía na que se amose o uso desta lingua en carteis, escaparates, letreiros, etiquetaxe etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega presenta un documental para promover o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade

O documental "Galego 2.0: enredad@s coa cultura" ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega entre a infancia e a xente nova. Este proxecto proporciona unha selección de 150 recursos en liña deseñados para estes colectivos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Antón Costa Rico recibe o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago

Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación, resultou seleccionado polo xurado como gañador da terceira edición do Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol convocan a XIV edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol renovan a súa colaboración e convocan a décimo cuarta edición do Premio Narrativa Breve Repsol, un certame xa consolidado e de referencia no panorama das letras galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O portal deportivo en lingua galega éDeporte gaña a V Bolsa Nacho Mirás

O portal éDeporte, un novo medio de comunicación dixital sobre deporte galego escrito en lingua galega, é o gañador da quinta edición da bolsa Nacho Mirás para novos titulados en xornalismo.
Fonte: CulturaGalega
Celébrase a quinta edición do maratón audiovisual Findecurta, un certame de cine e creación audiovisual en galego

Máis de 70 persoas agrupadas en sete equipos participaron na quinta edición do maratón Findecurta, un certame audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se busca dar resposta ás inquedanzas de novos creadores audiovisuais en galego, ademais de ofrecer unha plataforma para facer visible o seu traballo.
O presidente da Real Academia Galega reclama un pacto polo galego despois das eleccións do 12 de xullo
Nunha entrevista concedida á Cadena Ser, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, fixo un chamamento a alcanzar un pacto polo galego entre as diferentes forzas políticas tras as eleccións do 12 de xullo, independentemente de cal sexa o resultado destas.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta participa na Estrada na presentación de dúas obras de Manuel García Barros
A praza do mercado estradense acolleu, no marco das Festas do San Paio, o acto de presentación das obras Aventuras de Alberte Quiñoi e Estampas desde o val, de Manuel García Barros, Ken Keirades, ambas as dúas dadas ao prelo pola Editorial Galaxia coa colaboración da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín