Galicia
Xunta e Irmandade Xurídica conmemoran o 35º aniversario da primeira sentenza en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos do 35º aniversario da primeira sentenza ditada en lingua galega despois de séculos de proscrición organizado pola Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello da Coruña.
Fonte: Xunta de Galicia
A cuarta entrega do proxecto Galego 2.0 céntrase no ensino

Galego 2.0 ofrece recursos en liña para promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade a través de seis taboleiros temáticos, que se presentan os xoves do mes de xullo. Así, a cuarta entrega de Galego 2.0 céntrase no ensino, cunha selección de repositorios e ferramentas didácticas en liña de apoio á docencia nas diferentes etapas educativas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Organizan un ano máis na comarca de Ordes a xincana lingüística destinada aos máis pequenos

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes pon en marcha, un ano máis, a súa xincana lingüística, unha iniciativa que ten como obxectivo crear espazos de uso para o galego no tempo de lecer de nenas e nenos dos primeiros cursos de primaria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta de Galicia convoca subvencións destinadas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais
A Consellería de Cultura e Turismo publicou as bases das axudas dirixidas ás entidades locais para o mantemento ou reforzamento dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para os servizos de normalización lingüística municipais
A Deputación de Pontevedra publicou as bases das axudas para a creación, mantemento ou reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) municipais durante o ano 2020.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2020

A Xunta convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos.
Fonte: Xunta de Galicia
O Premio de Novela Manuel García Barros xa ten gañadora
A novela Flores de ferro de María Rei Vilas gañou a trixésimo primeira edición do Premio de Novela Manuel García Barros convocado polo Concello da Estrada.
Fonte: Cultura Galega
A Xunta chama a fixarse no legado da Xeración Nós para marcar o rumbo da cultura galega de cara ao futuro
Os conselleiros en funcións de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, xunto co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participaron na homenaxe que a XII Festa da Palabra lle rendeu á Xeración Nós coincidindo co seu centenario. Trátase dun acto que tivo lugar na Insua dos Poetas, na localidade ourensá do Carballiño.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta reduce a subvención para potenciar o uso da lingua galega nos concellos
A Xunta de Galicia publicou as axudas para o fomento da lingua galega nos concellos. Este ano o apoio institucional diminuíu aos 100 000 euros, denunciou a Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
O alumnado do programa Campus Spain remata a súa formación en español na Universidade de Vigo
O alumnado procedente de varios países de Asia que participaron no programa internacional Campus Spain na Universidade de Vigo realizaron os exames finais para acreditar a súa formación en lingua española.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín