Galicia

Os partidos políticos a favor dunha aproximación coa lusofonía obtiveron o 71 % do apoio nas eleccións galegas

O resultado das eleccións galegas confirma que o 71 % do apoio electoral vai para formacións políticas (BNG e PP) que incluían no seu programa medidas para aproximar Galicia á lusofonía.

Fonte: El Trapezio

Botan a andar dous programas de reactivación cultural e deportiva grazas á Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presentou os programas Re-Acción nos Castelos e Música no Ar que, xunto a Musigal, levarán aos concellos de Pontevedra actuacións musicais e actividades de tipo cultural e deportivo durante os meses de verán.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Un programa permitirá potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus universitario de Pontevedra

Un acordo entre a Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra porá a andar o programa Falamos co que se quere potenciar o uso do galego e gañar falantes entre o alumnado do campus universitario de Pontevedra.

Fonte: Universidade de Vigo

A Deputación da Coruña achega axudas para iniciativas de tipo cultural

A Deputación da Coruña anunciou dúas novas convocatorias de axudas para iniciativas de tipo cultural. Destinará 275 000 euros a proxectos culturais singulares e 125 000 euros á distribución audiovisual.

Fonte: Deputación da Coruña

A Xunta abre o prazo de solicitudes para participar como profesor-lector en universidades españolas e internacionais

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria pola que se renovan os lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades de Bangor, Autónoma de Barcelona, Cork, Kiel, Miño e Deusto.

Fonte: Xunta de Galicia

O Consello da Cultura Galega retransmite a peregrinación a Compostela da Xeración Nós de 1926

O Consello da Cultura Galega (CCG) pon a disposición da cidadanía coa tecnoloxía de hoxe a peregrinación que un grupo da Xeración Nós realizou a Compostela no ano 1926.

Fonte: CCG

A Xunta de Galicia non emprega o galego na formación sobre a covid-19

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que a Xunta de Galicia exclúe o uso do galego na formación que ten que recibir o persoal que traballa nos centros de atención diúrna para persoas dependentes. A capacitación ofertada só esta dispoñible en español e ademais o material escrito contén mesmo expresións como 'junta de Galicia'.

Fonte: Nós Diario

A Asociación de Docentes de Portugués envía propostas de promoción do portugués con motivo das eleccións

A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia enviou propostas de promoción do ensino do portugués aos candidatos e candidatas á presidencia da Xunta de Galicia que se presentan ás eleccións autonómicas.

Fonte: Associação de Docentes de Português na Galiza

A Deputación de Pontevedra presenta un plan de reactivación cultural tras a pandemia da covid-19

A Deputación de Pontevedra presentou Re-Acción Cultural, un plan dotado con 2,5 millóns de euros para reactivar o sector cultural tras a pandemia da covid-19 e que se desenvolverá nos eixes da música, o patrimonio e as rutas xacobeas, as artes escénicas, o audiovisual, o cinema e as letras.

Fonte: Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación sobre o galego nos Séculos Escuros

O Consello da Cultura Galega (CCG) pon a disposición da cidadanía o libro Calen barbas, falen cartas que bota máis luz sobre o galego durante os Séculos Escuros.

Fonte: CCG

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder