Galicia

A Televisión de Galicia estrea un bloque de contidos educativos en galego

O novo bloque de contidos educativos emitirase de luns a venres pola canle G2, entre as 11:00 e as 13:00 horas, e inclúe series educativas para os máis pequenos e vídeos didácticos de xeoloxía, bioloxía e xeografía para o alumnado de secundaria e bacharelato.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Ponse en marcha unha nova edición de “Ben veñas, maio”, un programa que premia a creatividade en galego do alumnado de secundaria de Pontevedra

O programa "Ben veñas, maio”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega dos IES e CIFP desta cidade, conta con diferentes categorías: música, banda deseñada, narración curta, fotografía, poesía, curtametraxe e videoclip musical.

Fonte: Concello de Pontevedra

A Escola Galega de Administración Pública organiza un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

A Escola Galega de Administración Pública (Egap) organiza varias actividades formativas dirixidas ao persoal da Administración local, entre as que figura un curso en liña de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un grupo de docentes crea o proxecto Aulas Galegas, un sitio web con recursos didácticos en galego

O proxecto Aulas Galegas recolle nun sitio web recursos didácticos en galego clasificados por materia e nivel educativo. Trátase de contidos educativos elaborados polo colectivo de profesoras e profesores que impulsaron a iniciativa, aos que sumarán outros materiais que xa están accesibles na rede.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia pon en marcha a campaña #Aculturasegue para potenciar os recursos culturais en galego

A Consellería de Cultura e Turismo puxo en marcha a campaña #Aculturasegue con recursos en liña dos seus arquivos, museos e bibliotecas etc., así como ferramentas para a difusión, uso e perfeccionamento da lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

O tecido cultural galego ofrece cine, música e contos en lingua galega para o período de confinamento

O tecido cultural galego ofrece recursos culturais e de lecer para estes días de illamento, no eido audiovisual, coa proxección de cinema na rede, ou con recursos, como contos e música, para que os máis pequenos se entreteñan.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos "Galego sen fronteiras"

Ata o 17 de abril permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras" que este ano chegan á súa trixésimo terceira edición.

Fonte: Real Academia Galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua interrompe o prazo para presentar proxectos aos Premios Mil Primaveras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) decidiu interromper, a causa da actual crise do coronavirus, o prazo para presentar proxectos de posta en valor e fomento do galego aos II Premios Mil Primaveras.

Fonte: Premios Mil Primaveras

A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle ao presidente da Xunta que informe en galego sobre o coronavirus

A Mesa pola Normalización Lingüística instou o presidente da Xunta a respectar o dereito da cidadanía a recibir información en galego ante a crise do coronavirus.

Fonte: Galicia Confidencial

O Consello da Cultura Galega reforza a súa web para ofrecer contidos culturais en galego pola cancelación da actividade presencial

Ante a suspensión temporal da súa actividade presencial, o Consello da Cultura Galega decidiu reforzar a difusión dixital de contidos culturais galegos e en galego. Así, nas vindeiras semanas desde a web da institución poderá accederse a todo tipo de información, ao seu fondo documental, a datos sobre o impacto do coronavirus no sector cultural etc.    

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder