Galicia

Valentín García participa en Santiago e en Padrón nos actos do Día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Santiago de Compostela nos actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía, que conmemora o 183º aniversario do nacemento da autora galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega presenta o proxecto Patrimonio Léxico da Gallaecia

O recurso Patrimonio Léxico da Gallaecia, iniciativa enmarcada dentro do proxecto GEOARPAD, nace co obxectivo de documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro da área que comprende a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e as zonas galegófonas de Asturias e de Castela e León.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A rede de colaboración cidadá da plataforma Galicia Nomeada recompila 4000 microtopónimos

A aplicación Galicia Nomeada,  creada para a recolleita colaborativa da microtoponimia galega, recibiu en dous meses máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar microtopónimos. Así mesmo, grazas a estas colaboracións introducíronse na plataforma máis de 4000 nomes de montes, leiras, fontes e mesmo penedos ou rochas da costa pertencentes a 140 concellos.

Fonte: Real Academia Galega

Guadi Galego recibe o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado

A artista galega Guadi Galego recibiu no Círculo de Belas Artes o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español, concedido polos gobernos autonómicos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Illas Baleares o pasado mes de novembro en Bilbao polo seu último traballo Immersion, no que recolle cancións e pon en valor sete linguas peninsulares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Covelo aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 17 de febreiro publicou, logo da aprobación provisional e a fase de información pública, a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Covelo.

Fonte: CTNL

Unha campaña informativa anima os centros de FP a ofertar ciclos formativos en portugués

Na actualidade só dous centros de FP en Galicia escolleron o portugués para os seus ciclos formativos plurilingües: o IES San Clemente de Compostela e o CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo. Por este motivo, a asociación Docentes de Portugués na Galiza iniciou unha campaña para que máis centros soliciten esta opción para o curso 2020-2021.

Fonte: Praza Pública

A Xunta súmase á lembranza a Rosalía programada no marco da VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza

A VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza homenaxeará a Rosalía de Castro do 23 de febreiro ao 1 de marzo cun amplo programa de actividades culturais que se desenvolverán en Santiago, Padrón, Ponteareas e Braga.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta destaca que Carvalho Calero será o protagonista dun día das Letras Galegas amplamente participativo e internacional

Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao escritor e profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura Galega, a Associaçom Galega da Língua (AGAL), a CRTVG, a Fundación Penzol, a Academia Galega da Lingua Portuguesa e os concellos de Santiago e Ferrol, entre outras entidades e institucións, veñen de presentar no Museo Centro Gaiás o avance dun programa de actividades conxunto que abrangue máis de 200 iniciativas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego. Estes galardóns naceron co obxectivo de recoñecer e difundir accións, campañas e iniciativas realizadas por servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL), asociacións e outras entidades públicas ou privadas.

Fonte: CTNL

O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación da nova edición do certame para a mocidade ‘Lingua de Namorar’

O Museo do Mar de Galicia acolleu a presentación da nova edición de Lingua de Namorar, o certame de declaracións de amor na rede que promove cada San Valentín a Xunta de Galicia, como unha iniciativa para dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder