Galicia

Comeza unha nova edición Enreguéifate, o proxecto para impulsar a improvisación oral en verso

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo organizan unha nova edición de Enreguéifate, un proxecto que busca impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela ao fomento do uso do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O proxecto Ponte... nas Ondas! cumpre 25 anos

O proxecto Ponte... nas Ondas! cumpre 25 anos poñendo en valor o patrimonio inmaterial galego-portugués. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o presidente da asociación Ponte... nas Ondas! deron a coñecer as iniciativas previstas para a celebración destes cinco lustros.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Academia Xacobea convoca o I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no compostelán Pazo de San Roque, na presentación do I Premio de Ensaio Camiño de Santiago convocado pola Academia Xacobea co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Increméntanse as queixas rexistradas na Mesa pola Normalización Lingüística pola discriminación do galego

Segundo mostra o informe da Liña do Galego de 2019, no último ano aumentaron as queixas pola discriminación desta lingua, que alcanzaron as 318. Destas, un 45,28% están relacionadas coa Administración pública.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta convoca as probas de acreditación do Celga

A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega a Resolución do 6 de marzo de 2020 pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega ofrece máis de 150 publicacións periódicas en liña

O Tío Marcos d'a Portela, a primeira cabeceira en galego que conseguiu certa permanencia no tempo, xa pode consultarse en liña dende hai uns días grazas á última achega da Real Academia Galega a Galiciana, que inclúe un total de 75 publicacións periódicas históricas.

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Santiago organiza un obradoiro e un concurso de fanzines e ensaios en galego

No marco da iniciativa Benvido Montaigne!, a Facultade de Ciencias da Comunicación organiza un obradoiro e un concurso de fanzines e ensaios en galego co obxectivo de fomentar o uso desta lingua así como a creatividade na comunidade universitaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Vigo organiza un obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego

O obradoiro “Recursos informáticos para traballar en galego”, que se desenvolverá os días 15, 16, 21, 22 e 23 de abril de 2020 no Auditorio Mar de Vigo, está dirixido a todas as persoas que queiran ampliar os seus coñecementos sobre este tema.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa no acto de entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase unha reportaxe que amosa a diversidade lingüística do galego

Entrelinguas é o título dunha reportaxe multimedia que, tras moitos meses de traballo para coñecer as diferentes falas de Galicia, presentaron os xornalistas Antonio Méndez Rodríguez, Sara Barreiro Álvarez e Alejandro Vázquez Corral, autores do proxecto.

Fonte: Lugo Xornal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder