Galicia
Bota a andar o Culturgal 2014, a feira das industrias culturais galegas
O venres inaugúrase no Pazo da Cultura de Pontevedra unha nova edición do Culturgal, a feira das industrias culturais galegas. O Culturgal 2014, que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de decembro, conta cun amplo programa de actividades e espazos de exposición.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo promove a inmersión lingüística do alumnado pontevedrés grazas ao aloxamento con persoas de fala inglesa
Atopar a un prezo accesible un lugar no que vivir durante o curso e aproveitar esta estancia para aprender un idioma sen saír da casa, convivindo con persoas naturais dun país de fala inglesa, son os dous alicientes que levaron no presente curso académico a once alumnos e alumnas do campus a establecer a súa residencia na Casa Inglesa.
Fonte: Universidade de Vigo
FalaRedes dinamiza o galego entre a xente miúda de Viveiro, de Boborás e de Corcubión con 'Brinca vai de aquí a acolá!'
O concello lucense de Viveiro, o ourensán de Boborás e o coruñés de Corcubión acollerán esta semana o concerto-obradoiro Brinca vai de aquí a acolá! co que o programa FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a dinamizar o galego entre a xente miúda e as súas familias.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto Galego de Estatística presenta novos datos de coñecemento e uso do idioma galego
O Instituto Galego de Estatística (IGE) presenta os datos da Enquisa de condicións de vida das familias do ano 2013, que se centrou, como xa acontecera no 2003 e 2008, na análise do coñecemento e uso do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Arredor de 40 mozas e mozos de diferentes partes do mundo aprenden na Universidade de Vigo a lingua e a cultura de Galicia
Alemaña, Croacia, Francia, Polonia, Romanía … e mesmo China, este cuadrimestre foron arredor de 40 as mozas e mozos que chegados de diferentes lugares da xeografía mundial aproveitaron a súa estancia en Galicia para coñecer máis de preto a lingua e a cultura do destino que elixiron para realizar as súas estadías internacionais.
Fonte: Universidade de Vigo
Cee acolle a mostra ‘Nimbos de luz’, que chega durante este ano a preto de vinte concellos para conmemorar as Letras Galegas
A mostra itinerante “Nimbos de Luz” -promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura- fai parada estes días no IES Fernando Blanco de Cee.
Fonte: Xunta de Galicia
Un seminario do Consello da Cultura Galega reflexiona sobre o interese do galego no ámbito internacional
Coñecer cales son os atractivos e interese que pode ter o galego no panorama académico de fóra de Galicia. Este é o principal obxectivo do seminario internacional “Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras”, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega entre os días 17 e 19 de decembro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os comerciantes do Morrazo vinculan lingua e comercio a través dunha actividade lúdica relacionada co galego
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organiza, no marco da campaña de Nadal 2014, a xincana infantil “Os caza-palabras”, dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 14 anos. Trátase dunha actividade lúdica relacionada coa lingua galega (os participantes terán que “cazar” a palabra escrita correctamente en galego) co obxectivo de que as familias interactúen co tecido empresarial do Morrazo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Resólvense os Premios Manuel Beiras que recoñecen o traballo a prol do galego dos galardoados

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez Carracedo, deron a coñecer os gañadores da XV edición dos Premios Manuel Beiras. Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Formación e a Asociación Puntogal serán os galardoados nesta ocasión.
'Os sons do vento que pasa' pecha esta semana a súa exitosa xira no marco do FalaRedes 2014
O concerto de fados ‘Os sons do vento que pasa’ despide esta semana a súa exitosa xira no marco do FalaRedes 2014, o programa de fomento do galego promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co que chegou a 36 concellos de toda Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín