Galicia

A proposta de dinamización lingüística 'Brinca vai de aquí a acolá!' chega a Cangas, a Melón, a Arbo e á Laracha

O concerto-obradoiro infantil "Brinca vai de aquí a acolá!" chegará esta semana aos concellos pontevedreses de Cangas e Arbo, ao ourensán de Melón e ao coruñés da Laracha.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello da Laracha acolle a mostra itinerante ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia homenaxea a Xosé María Díaz Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou no concello coruñés da Laracha a exposición ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia homenaxea a Xosé María Díaz Castro no ano en que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica as Letras Galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

O Colexio de Avogados de Santiago organiza unha xornada destinada a xuristas para fomentar o uso do galego na xustiza

O Colexio de Avogados de Santiago acolle a VIII Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. No encontro pódense inscribir ata cen participantes e é gratuíto.

Fonte: El Correo Gallego

Resólvense as axudas para publicacións periódicas en galego

A Secretaría Xeral de Medios fai pública, no DOG do 21 de novembro de 2014, a resolución da convocatoria de axudas ás empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia xustifica que non usa o galego por mor da crise

Prolingua vén de remitirlle unha misiva ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) logo de recibir críticas porque non ofrece toda a súa documentación técnica e de apoio en galego, malia ser esta a lingua propia e cooficial do territorio no que este Colexio exerce a súa actividade.

Fonte: Galicia Confidencial

A tradución do software libre ao galego debátese en Pontevedra

O Proxecto Trasno organizou a Trasnada 14, unha xuntanza de debate terminolóxico, na que tamén se ensina a configurar e preparar un proxecto de tradución de software libre.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Fundación Eduardo Pondal recoñece cos seus premios o compromiso coa lingua e a cultura galegas dos galardoados

A Fundación Eduardo Pondal entrega os Premios Bos e Xenerosos que pretenden recoñecer o compromiso e a defensa da lingua e a cultura galegas, así como a contribución á recuperación de tradicións e á difusión da identidade.

Fonte: El Correo Gallego

A Consellería de Cultura e Educación participa na presentación do Especial CompHostelería 'Do womex ao mes do cine e das tapas'

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do novo número especial de CompHostelería "Do Womex ao mes do cine e das tapas".

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística pide a intervención da Xunta para que FCC “non desprece” o galego

A Mesa pola Normalización Lingüística envioulle un escrito ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, para lle exixir que cumpra coas funcións que lle encomenda a Lei de normalización lingüística e defenda a oficialidade do galego fronte “aos ataques” que ao seu entender mantén a empresa FCC no conflito coa Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza.

Fonte: Galicia Confidencial

Xesús Vázquez Abad entrega o VIII Premio de Narrativa Breve Repsol

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no acto de entrega do VIII Premio de Narrativa Breve Repsol, que nesta edición recaeu no vigués Santiago Lopo pola súa obra A diagonal dos tolos.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder