Galicia
A empresa Cilenis lanza Linguakit, un portal de análise textual en galego, castelán, inglés e portugués

A start up galega Cilenis acaba de lanzar Linguakit, un innovador portal en liña multilingüe que proporciona un acceso cómodo e rápido a multitude de instrumentos tecnolóxicos para o uso e o estudo de catro linguas: galego, español, inglés e portugués. Trátase do primeiro portal de recursos lingüísticos para este grupo de idiomas e, moi especialmente, para o galego, que disporá por primeira vez de ferramentas ata agora só accesibles para o inglés e o castelán.
Fonte: Galicia Confidencial
Resólvense os X Premios Bacelos de Prata que recoñecen as adegas que etiquetan os seus viños en galego
A plataforma Galeguizar Galicia anuncia a resolución dos X Premios Bacelos de Prata, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo das adegas que etiquetan os seus viños en galego como marca de calidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Kindle Unlimited estréase en España con 150 libros electrónicos en galego
Resulta salientable o feito de que o servizo abra o acceso a 150 libros electrónicos en galego, mentres que o número de obras en español sería de 33 105.
Fonte: Código Cero
Valentín García participa na inauguración da mostra arredor do Premio de Ensaio Bento Spinoza no IES Rosalía de Castro
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou no IES compostelán Rosalía de Castro no acto de apertura da mostra arredor do Premio de Ensaio Bento Spinoza.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase o primeiro léxico en galego sobre administración electrónica
Consciente de que a administración electrónica supón unha oportunidade para mellorar a eficiencia e calidade dos servizos das administracións públicas, a Universidade de Santiago acaba de editar o primeiro léxico en galego sobre esta temática, que inclúe definicións e clasificacións de 164 conceptos cos seus nomes en galego, catalán, español, inglés e francés.
Unha obra en galego leva o Premio Nacional de Tradución
Unha tradución ao galego do clásico de James Joyce, Ulises, acaba de ser recoñecida co Premio Nacional de Tradución que concede o Ministerio de Cultura.
Fonte: Galicia Confidencial
Preséntase a antoloxía poética ‘Memoria de abril’ de Francisco X. Fernández Naval
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolleu a rolda de prensa de presentación da obra Memoria de abril, a antoloxía da obra poética de Francisco X. Fernández Naval publicada en Nova York pola editorial Artepoética Press.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística asistiu á mesa redonda "Encontros con contemporáneos. Virxina e Castelao"
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á mesa redonda “Encontros con contemporáneos. Virxina e Castelao”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Oleiros convoca un concurso literario para escolares co obxectivo de promover a lingua galega
O Concello de Oleiros convoca o Premio Literario Descubrindo Oleiros, un certame dirixido a alumnos de quinto e sexto de Primaria e de ESO, empadroados no municipio. O obxectivo do concurso é promover a lingua galega e dar a coñecer o municipio.
Fonte: La Opinión
Cultura e Educación convida a celebrar o Mes da Ciencia en Galego cunha completa programación de actividades nas bibliotecas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo novembro unha completa programación de actividades de divulgación científica en galego para convidar a cidadanía a festexar o Mes da Ciencia en Galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín