Galicia
A Xunta pon en valor a contribución do escritor arxentino Francisco Luis Bernárdez á cultura galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a difusión da figura e da obra de Francisco Luis Bernárdez para dar a coñecer a súa contribución á cultura galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Só o 16 % das rúas de Ourense leva nome de muller, desigualdade que se repite en todos os concellos de Galicia
En Ourense, das 348 rúas con nome de persoa só 56 son femininos, o 16 % do total, unha desigualdade que se repite en todos os concellos de Galicia.
Fonte: Universidade de Vigo
A Coordinadora Galega de ENDL conmemora o Día da Ciencia en Galego
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) súmase á celebración do V Día da Ciencia en Galego organizando unha videoconferencia que leva por título “A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)”, dirixida ao alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O CEIP Abelendo de Moaña comeza as actividades do Samaín co obxectivo de potenciar a oralidade en lingua galega
O CEIP Abelendo de Moaña deu comezo ás actividades do Samaín. Están organizadas pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización Lingüística, pois teñen como obxectivo potenciar a oralidade na lingua propia de Galicia.
Fonte: Faro de Vigo
Convocan unha nova edición dun obradoiro de creación de vídeos para a normalización lingüística
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesións presenciais e sesións en liña.
Fonte: CTNL
Vinculan o topónimo da Coruña á forma circular da baía
O proxecto Gaelaico sostén que a orixe do topónimo da Coruña está relacionado coa forma circular da baía.
Fonte: La Opinión
FalaRedes dinamizará o galego entre a xente miúda ata finais de ano co concerto-obradoiro 'Brinca vai de aquí a acolá!'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Cambados o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase o XV Premio Manuel Beiras que recoñece o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan o XV Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público ao compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial.
Fonte: Consello da Cultura Galega
La asociación cultural Vagalumes convoca un acto para rememorar a loita polo idioma galego
A asociación cultural Vagalumes da Estrada organiza un acto para conmemorar a mobilización rexistrada en Galicia en xeral e no municipio estradense en particular en favor do galego.
Fonte: Faro de Vigo
A exposición ‘Arte e Ciencia’ inaugúrase en Santiago para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou na inauguración da exposición “Arte e Ciencia” na Galería Sargadelos de Santiago. Esta mostra, que conta co apoio da Consellería, é unha das múltiples iniciativas coa que se celebrará novembro como Mes da Ciencia en Galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín