Galicia

O IES Marco do Camballón convoca un concurso de fotografías de tatuaxes en galego

O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces, mantén aberto ata o 7 de novembro o prazo de participación no concurso de fotografías de tatuaxes. A organización establece dúas categorías: palabras tatuadas en lingua galega ou "Galiza, a flor de pel", na que se inclúen tatuaxes de temática galega.

Fonte: Faro de Vigo

Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística

A Asociación Cultural O Brado, da Estrada, fixo públicos os galardoados dos XXIV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, convocados anualmente para premiar a persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do idioma galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un obradoiro axudará a elaborar os traballos de fin de grao e de máster en galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela mantén aberto ata o día 26 de outubro a matrícula no obradoiro de elaboración e defensa de traballos de fin de grao ou mestrado en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O conselleiro Xesús Vázquez Abad participa en Ourense no acto do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou en Ourense no acto de conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que promove a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

A versión 3.14 do escritorio Gnome xa está dispoñible integramente en galego

Xa temos á nosa disposición, e en galego, a versión 3.14 do escritorio libre Gnome.

Fonte: Código Cero

Preséntase en Vigo o terceiro libro sobre Toponimia do Val de Fragoso

Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco presentaron o terceiro libro da colección Toponimia do Val de Fragoso no que se debuxa a historia de Beade a través da denominación dos seus lugares. Este tomo inclúe arredor 500 nomes que retratan a paisaxe histórica da parroquia viguesa.

Fonte: Faro de Vigo

Unha xornada do Consello da Cultura Galega reivindica o galego como lingua publicitaria

Nos dous últimos decenios constatouse a consolidación da imaxe de marca de Galicia, duplicouse o número de axencias publicitarias, aumentou a calidade e elevouse a confianza e a eficacia no uso da lingua na comunicación publicitaria. Con todo, a crise está a lastrar este sector de xeito notorio. Son algunhas das conclusións que publicistas, empresarios e expertos no ámbito da comunicación publicitaria expresaron no marco da xornada A publicidade en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un vídeo que reivindica a gheada e o seseo na lingua oral supera en Youtube as 100 000 visualizacións en sete días

“O obxectivo do vídeo é reivindicar o uso da gheada e do seseo, e con iso, as diferentes variantes da lingua galega segundo a zona natal”, apunta Noelia Gómez Calvo, a súa creadora.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Vigo organiza unha actividade co obxectivo achegarse á lingua galega co curso dun río como fío condutor

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Curso de auga doce, que ten como obxectivo achegarse á lingua galega (léxico, fraseoloxía, toponimia…) empregando como fío condutor o curso dun río.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O potencial comercial e o prestixio do .gal centran unha xornada na Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebra o martes 28 unha xornada de balde sobre o prestixio e as posibilidades comerciais e comunicacionais que se abren co dominio de internet propiamente galego.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder