Galicia
A Liga Estudantil Galega convida a comunidade universitaria a retratarse cun lema en apoio ao galego
A Liga Estudantil Galega organizou dous pousadoiros ou photocalls no campus de Pontevedra. Neles, convídase á comunidade universitaria a facer patente o seu apoio ao galego posando diante da cámara, cun lema reivindicativo nas mans, sobre un fondo no que se pode ler “A alma dun pobo é a súa lingua”.
Fonte: Universidade de Vigo
José Casás García gaña o X Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
O xornalista José Casás García gañou o X Premio a artigos xornalísticos normalizadores co artigo titulado "Os exemplos".
Fonte: Galicia Confidencial
Preséntase un novo volume sobre dereito administrativo da colección ‘Termos esenciais’
O repertorio terminográfico Termos esenciais de Dereito Administrativo recolle 1081 entradas deste campo en galego e os seus equivalentes en castelán e engade un novo volume á colección ‘Termos esenciais’.
Cultura e Educación presenta un novo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, ‘Cunqueiro, destinatario’ (XXVIII)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do centro de investigación adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar o vixésimo oitavo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro: Cunqueiro, destinatario.
Fonte: Xunta de Galicia
Xesús Vázquez recibe o alumnado do proxecto Galauda, de viaxe en Galicia para complementar a súa aprendizaxe do galego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu o alumnado que estuda galego no Col•legi El Casal de Castellar del Vallès e as dúas docentes que o acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade autónoma.
Fonte: Xunta de Galicia
Vegalsa-Eroski homenaxea a Díaz Castro coa posta en marcha da campaña conmemorativa das Letras Galegas 2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis para conmemorar conxuntamente o Día das Letras Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Pontevedra organiza un obradoiro de ferramentas en galego para o lecer e o tempo libre
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza o Obradoiro de ferramentas en galego para o lecer e o tempo libre, destinado a profesionais do sector que preferentemente traballen no consistorio pontevedrés.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un grupo de expertos investiga a lingua celta goidélica en Galicia
Baixo o nome de Proxecto Gaelaico, un grupo de expertos encabezados por Martín Fernández, cofundador das dúas primeiras discográficas galegas; James Durán, doutor en Lingüística na Universidade de Stanford; Alberto Lago, licenciado en Xeografía e Historia; e Henrique Egea, licenciado en Filoloxía Clásica, queren demostrar que en Galicia “se falou unha lingua celta goidélica”.
Fonte: El Ideal Gallego
O CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2014
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega do premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro ao CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, acadado na modalidade de infantil e primaria polo traballo “Esmeralda”.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García e Anxo Lorenzo participan na XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego no Parlamento
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, participaron na XXI edición dos Premios de Publicidade en Galego, que se celebrou no Parlamento de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín