Galicia

Cinco concellos galegos acollen esta semana as propostas de dinamización lingüística do FalaRedes

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, visitará esta semana as catro provincias galegas, ao levar dúas das súas propostas de lecer a cinco novas vilas.

Fonte: Xunta de Galicia

O certame OUFF Escola bate récords de participación ao recibir 76 películas en lingua galega realizadas por estudantes

O certame OUFF Escola do Festival de Cine Internacional de Ourense alcanza este ano o seu récord de participación, ao recibir un total de 76 películas realizadas por estudantes en lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

A Concellería de Xuventude de Santiago pon en marcha un ano máis o seu Programa de Intercambio Lingüístico

A Concellería de Xuventude pon en marcha por segundo ano o Programa de Intercambio Lingüístico "Busco parella lingüística". Esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro para que dúas persoas establezan contacto para practicar o uso dunha lingua.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Poio acolle unhas xornadas que analizan a investigación científica en lingua galega

O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acolle unha nova edición das Xornadas Estivais, un foro de debate no que se analiza a actualidade coa participación dos veciños. Nesta décimo sexta edición, o tema que se debaterá será o da ciencia en Galicia e o uso da lingua galega en diversos campos da investigación científica.

Fonte: Pontevedra Viva

Preséntase na Real Academia Galega a segunda fase do .gal

Nesta segunda fase, anterior á súa apertura definitiva, os solicitantes poderán encargar ou reservar o rexistro do seu dominio conforme a cinco categorías.

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Santiago de Compostela organiza un obradoiro para mellorar o discurso oral nun nivel formal en galego

O alumnado de calquera titulación de grao ou mestrado cun nivel de Celga 4 ou equivalente é o destinatario dun obradoiro que o Servizo de Normalización Lingüística organiza en outubro para mellorar o discurso oral nun nivel formal en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Preséntase 'As fabas máxicas', a proposta de lecer en galego que retoma a súa xira no marco do FalaRedes 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela a obra de teatro infantil “As fabas máxicas”, que este domingo se poderá ver na capital galega no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Ourense oferta grupos de conversación en inglés, francés e italiano

Iniciarse ou perfeccionar a fala do inglés, francés e italiano serán os obxectivos dos cursos que organiza a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense.

Fonte: La Voz de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación difunde na Coruña a figura e a obra do escritor lugués Manuel Rodríguez López

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, apoia a posta en valor da figura e da obra do intelectual lugués Manuel Rodríguez López.

Fonte: Xunta de Galicia

Inaugúrase o IX Ciclo ‘Escritores na Universidade’ na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na mesa inaugural do IX Ciclo de mesas redondas “Escritores na Universidade” que se celebra ata o 8 de outubro na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder