Galicia

A mostra 'Nimbos de luz' continúa a súa andaina en Mondoñedo para difundir a figura e a obra de Díaz Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva a Mondoñedo, durante todo o mes de agosto, a mostra itinerante ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia difunde a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2014.

Fonte: Xunta de Galicia

Máis de 17 000 persoas participaron desde marzo nas propostas de dinamización do galego no lecer da man do FalaRedes 2014

Máis de 17 000 persoas participaron desde marzo nas propostas de dinamización do galego no seu tempo de lecer grazas ao FalaRedes 2014, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e dirixido ao público de todas as idades, con especial incidencia na infancia e na familia.

Fonte: Xunta de Galicia

Case 85 500 alumnos galegos estudarán en lingua estranxeira varias das súas materias

O plan de potenciación de linguas estranxeiras chega o próximo curso a case 85 500 alumnos, un 18 % máis que no anterior.

Fonte: La Voz de Galicia

A Fundación Pondal recibe o premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura

O traballo que desde a súa constitución, alá polo ano 2008, vén realizando a Fundación Eduardo Pondal recibiu un novo apoio en forma de premio coa entrega do galardón Rosalía de Castro de Lingua e Cultura.

Fonte: La Voz de Galicia

Valentín García participou na Feira do Libro da Coruña na presentación da obra de Xosé Luna

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Xosé Luna na presentación da súa nova obra, O libro dos bicos, na Feira do Libro da Coruña.

Fonte: Xunta de Galicia

A editorial inglesa Small Stations publica 'Cantares Gallegos' en búlgaro

A editorial inglesa Small Stations Press publicou unha edición do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos en búlgaro, segundo informou a Fundación Rosalía de Castro.

Fonte: Galicia Hoxe

Só catro dos cen topónimos máis repetidos en toda España están localizados fóra de Galicia

A elevada dispersión do hábitat galego provoca que só na comunidade se contabilicen case 30 000 entidades de poboación, practicamente a metade de todas as rexistradas en España. Por iso non resulta estraño que tamén os topónimos que máis se repiten ao longo de toda a xeografía sexan galegos e estean escritos no idioma de Rosalía. Ata o punto de que a estatística fai que de media cada municipio galego conte con dous lugares chamados A Igrexa.

Fonte: Faro de Vigo

Remata o programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’, no que participaron preto de 600 rapaces e rapazas

O campamento xuvenil Mariña Española de Sada (A Coruña), coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, acolleu as derradeiras sesións da xincana lingüística Lingua Forza 3 incluídas na cuarta edición do programa de dinamización lingüística O galego campa!, que impulsa a Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Vigo abrirá un curso máis a Casa Inglesa, unha iniciativa que promove a inmersión lingüística do alumnado

O vindeiro curso académico, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra abrirá as portas, por terceiro ano consecutivo, da Casa Inglesa, unha iniciativa que busca promover a inmersión lingüística do alumnado do campus a través da convivencia titorizada cunha persoa nativa dun país anglosaxón.

Fonte: Universidade de Vigo

O grupo Gaelaico afirma nun estudo que o topónimo Catoira procede do gaélico

O grupo Gaelaico cre ter descuberto a orixe do topónimo Catoira. Aseguran que o nome desta localidade, situada na desembocadura do Ulla, provén da suma de dúas palabras gaélicas, «cath dobhair», que significa «batalla do río».

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder