Galicia
Preto de cen estudantes rematan en Santiago e na Coruña os cursos de verán de galego para estranxeiros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou os cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que se desenvolveron na capital de Galicia durante este mes.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha campaña pola promoción da música en galego nas festas
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar unha campaña pola promoción da música en galego nas festas, a través do vídeo "En galego... Festa rachada!".
Fonte: Praza Pública
A Xunta concede bolsas para a mobilidade do alumnado universitario e para a mellora da súa formación en idiomas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de conceder un total de 1289 axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, así como outras 113 bolsas adicionais para que o alumnado universitario poida mellorar o seu coñecemento de idiomas en estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
Os XVI Encontros de Normalización Lingüística reflexionarán sobre a política lingüística de España
A XVI edición dos Encontros de Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), abre o seu foco de actuación para analizar a realidade plurilingüística de España.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócanse axudas para o audiovisual en lingua galega
A Axencia Galega das Industrias Culturais publica, no DOG do 29 de xullo de 2014, as bases para a concesión de axudas destinadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Muxía pon en marcha o programa de dinamización lingüística "Con X de Muxía"
O Concello de Muxía vén de poñer en marcha "Con X de Muxía", un programa de dinamización lingüística, subvencionado pola Xunta, para a promoción e uso do galego en diferentes sectores.
Fonte: La Voz de Galicia
Nace unha colección de libros electrónicos para achegarlles o galego aos máis pequenos

“Meniñeiros” é unha colección de libros electrónicos con historias de seres fantásticos da mitoloxía popular galega. É unha iniciativa de dúas estudantes de Xornalismo, que a presentaron o pasado 3 de xullo como Traballo de Fin de Grao. Xa está dispoñible o primeiro libro da colección, O Trasno, para todos os nenos que queiran aprender xogando en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Sober e Carballedo acollen as últimas sesións da xincana lingüística 'Augalingua' no marco do FalaRedes 2014
Os concellos lucenses de Sober e Carballedo acollen as últimas sesións coas que a xincana lingüística Augalingua pecha unha exitosa xira por 20 localidades da man do programa FalaRedes.
Fonte: Xunta de Galicia
Xa está dispoñible en galego a versión 4.3 de LibreOffice
LibreOffice é unha magnífica alternativa ás suites ofimáticas privadas, que ten todo o que pode precisar o usuario medio ou avanzado e ademais é software libre. Por se fose pouco, todas as súas versións están en galego, mesmo a máis recente: a versión 4.3.
Fonte: Código Cero
Galicia é a comunidade con máis alumnos de ESO estudando un segundo idioma estranxeiro
O 69,6 % dos alumnos galegos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) está a estudar un segundo idioma estranxeiro, segundo a última estatística sobre o ensino de linguas estranxeiras do Ministerio de Educación.
Fonte: El Correo Gallego
Boletín
Subscríbase ao boletín