Galicia
A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Silleda recoñecen o esforzo dos empresarios no uso do galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Silleda acaban de recoñecer o esforzo dos empresarios do municipio no uso do galego na súa actividade comercial a través do I Premio de Normalización Lingüística, un certame no que tamén colaboraron o IES Pintor Colmeiro e a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS). O obxectivo é estimular o uso por parte das empresas da localidade da lingua propia de Galicia, poñendo en valor tanto a tradición normalizadora daquelas que levan anos empregándoa como o traballo realizado recentemente por outras para incorporala ao seu día a día.
Fonte: Xunta de Galicia
A RAG escollerá as Letras 2015 entre Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Xela Arias, Manuel María e Celestino Fernández

Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Manuel María, Xela Arias ou Celestino Fernández de la Vega. Un destes autores collerá o relevo de Díaz Castro para as Letras Galegas do vindeiro ano, tal e como o confirmaron fontes da Real Academia Galega a Praza Pública.
Fonte: Praza Pública
Comezan os cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela
A vixésimo sétima edición dos cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia contará este ano coa participación de 65 estudantes de 22 nacionalidades diferentes. A benvida aos novos participantes tivo lugar no Salón de Actos de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, nun acto presidido polo reitor Juan Viaño e no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o director do Instituto da Lingua Galega da USC, Ernesto González, e o director dos cursos, Xosé Luís Regueira, quen lles dixo aos estudantes que a partir de agora “formarán parte do corpo diplomático da lingua galega”.
As propostas de lecer en galego do "FalaRedes 2014" chegan a sete concellos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, comezou o mes de xullo levando as propostas de lecer en galego do FalaRedes 2014 a sete novos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Trátase da xincana Augalingua, que chegará a Pontedeva, tras pasar polas localidades de Barbadás, Avión e A Baña, onde fixo as ledicias dos nenos e nenas de 6 a 12 anos que se achegaron ás piscinas municipais dos respectivos concellos.
Fonte: Xunta de Galicia
Arzúa convértese na capital galega da lusofonía
O recinto feiral de Arzúa acollerá case doce horas de concertos, debates, gastronomía e actividades infantís, con especial protagonismo para a escola en galego Semente. Todo co obxectivo de reflexionar, divertirse e coñecerse ao redor das potencialidades e oportunidades que ofrece a lingua galega no seo da lusofonía.
Fonte: Praza Pública
O Consello da Cultura destaca a relevancia do "Sempre en Galiza" no 70 aniversario da súa edición
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), destacou a orixe das diferentes actividades preparadas para conmemorar os setenta anos da publicación de Sempre en Galiza de Afonso R. Castelao. O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Fundación Castelao, celebrou no Parlamento un acto institucional presidido por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia, Ramón Villares, presidente do CCG, e Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.
Fonte: Culturagalega.org
Filgueira Valverde será homenaxeado no Día das Letras en 2015

Xosé Filgueira Valverde será o protagonista das Letras Galegas en 2015, segundo anunciou a Real Academia Galega na xuntanza ordinaria do seu pleno. Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María eran os outros catro candidatos.
Fonte: Praza Pública
Procédese ao nomeamento dos Xuíces Honorarios do Couto Mixto na igrexa de Santiago de Rubiás en Ourense
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acudiu ao acto que elixe os Xuíces Honorarios do Couto Mixto en recoñecemento ao traballo en prol da memoria histórica. No encontro salientou “o don especial que lles permitiu aos habitantes da comarca xestionar os seus propios destinos sabiamente e axustar os seus recursos ás súas necesidades”.
Fonte: Xunta de Galicia
Arranca o VII Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras na Universidade da Coruña
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da sétima edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que organizan a Universidade da Coruña (UDC) e mais o departamento dirixido polo conselleiro Xesús Vázquez Abad.
Fonte: Xunta de Galicia
O correo electrónico de Google, Gmail, xa está dispoñible en galego

O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse en lingua galega. Así o confirmaron desde o consello editor de Mallando no android. Para poder habilitalo, abonda con premer en "Configuración" e elixir como opción de lingua "Galego".
Fonte: Sermos Galiza
Boletín
Subscríbase ao boletín