Galicia

As universidades galegas organizan a undécima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan a undécima edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, que ten como principal obxectivo promover a reflexión e dinamización lingüísticas no ámbito universitario.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia impulsará o idioma portugués con iniciativas no ensino, a economía e a cultura

A Xunta impulsará o idioma portugués en Galicia con iniciativas no ensino, economía, cultura, relacións institucionais e outros ámbitos, para desenvolver a Lei 1/2014 aprobada no Parlamento de Galicia por unanimidade o 24 de marzo.

Fonte: La Voz de Galicia

Xosé Neira Vilas gaña o Premio Otero Pedrayo

O escritor e académico, Xosé Neira Vilas, gaña o Premio Otero Pedrayo pola súa contribución á cultura galega, nunha reunión celebrada en Pontevedra que contou coa participación dos secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Celébrase o acto de entrega da vixésima edición dos Premios Lois Peña Novo

Os Premios Lois Peña Novo recoñecen o traballo de persoas, institucións ou empresas na consolidación do galego no eido das administracións públicas, na vida institucional e na sociedade en xeral. Na súa XX edición, os galardóns recaeron no catedrático de Física aplicada Jorge Mira, na maxistrada Dalila Dopazo e no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O concerto "Os sons do vento que pasa" dinamizará o galego entre o público de todas as idades da man do FalaRedes 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa Os sons do vento que pasa, a nova actividade incluída no programa FalaRedes e que ata finais de ano chegará a 36 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O escritor Agustín Fernández Paz recibe o Premio Trasalba

O escritor Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Trasalba que recoñece a súa dedicación especial á literatura infantil, o seu compromiso inesgotable coa lingua e a súa defensa do ensino público e militancia en distintos colectivos de renovación pedagóxica.

Fonte: Sermos Galiza

A IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas xa ten gañadores

Esta iniciativa da Fundación Antonio Fraguas busca favorecer o achegamento dos escolares ao patrimonio cultural e lingüístico galego. Os centros galardoados este ano foron o CEIP O Pombal de Vigo e o IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Fonte: Xunta de Galicia

O Centro Ramón Piñeiro acolle un novo seminario internacional sobre literatura infantil e xuvenil

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolle o “Seminario internacional: obras inesquecibles na literatura infantil e xuvenil. Visións do feminino”. Faino no marco da participación deste centro de investigación na Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano, ao abeiro do proxecto “Literatura Infantil e Xuvenil”, que coordina a profesora e investigadora do CRPIH Ana Blanca Roig Rechou.

Fonte: Xunta de Galicia

Un curso analizará a transmisión do galego ás xeracións máis novas

“Que podemos e debemos facer para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas?”. Esta é a gran pregunta que tentarán responder diversos especialistas nun curso de verán organizado pola Universidade da Coruña e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) en Carballo.

Fonte: Galicia Confidencial

Negan a atención a un cidadán do Carballiño por expresarse en galego

Negan a atención a un cidadán no Carballiño por expresarse en galego cando chamou ao número de atención ao cidadán deste concello. Esta situación incumpre a lexislación sobre o uso do galego como lingua propia das administracións locais e vulnera os dereitos lingüísticos, segundo denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder