Galicia
Cultura e Educación concederá 113 bolsas para impulsar a formación en idiomas dos estudantes universitarios no estranxeiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá 113 axudas para que o alumnado universitario poida mellorar o seu coñecemento de idiomas en estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
A mostra 'Nimbos de luz' fai parada en Redondela ata finais de mes
A mostra itinerante “Nimbos de luz”, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a levar durante este ano a un total de 14 puntos de Galicia, fai estes días parada no concello de Redondela e pódese visitar ata o vindeiro 30 de xuño no Multiúsos da Xunqueira.
Fonte: Xunta de Galicia
Vinculan o nome ´Cova do Rei Cintolo´ con linguas gaélicas
O Proxecto Gaelaico vincula a orixe do nome da "Cova do Rei Cintolo", na parroquia de Supena, en Mondoñedo (Lugo), coas linguas gaélicas, e esta conclusión derívase dos resultados dun estudo lingüístico.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Vigo participa nun proxecto europeo de docencia da lingua inglesa desde a perspectiva intercultural
Este proxecto persegue que o estudantado participante adquira unha serie de competencias para o ensino da lingua inglesa en relación co concepto de interculturalidade en canto a contidos, metodoloxía, materiais, e que desenvolva actitudes que no futuro próximo porá en práctica no ensino da lingua no contexto da Unión Europea.
Fonte: Universidade de Vigo
O grupo Treixadura recibe unha homenaxe polo seu traballo en defensa da cultura e a lingua galegas
A iniciativa "Mil festas máis para a lingua galega", que organiza a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, rende homenaxe este ano ao grupo Treixadura, que dará un concerto gratuíto no auditorio de Vilagarcía.
Fonte: Noticias Galicia
Entréganse na Coruña os premios do concurso de blogs en galego
Os escolares dos centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra, gañadores da primeira edición do Concurso de Blogs en Lingua Galega convocado polo Concello, recolleron os seus premios.
Fonte: La Opinión
Carlos G. Reigosa faise co premio Arcebispo Juan de San Clemente en galego
O salón de claustros do instituto Rosalía de Castro acolleu a presentación dos gañadores da XX Edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente. Nesta ocasión os alumnos dos centros de secundaria que participan nesta iniciativa seleccionaron A vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa como mellor obra en lingua galega.
Fonte: Culturagalega.org
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta novos datos sobre os usos lingüísticos no ensino infantil
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou publicamente os datos do estudo que esta entidade elabora periodicamente sobre os usos lingüísticos nos centros de educación infantil das sete cidades galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Continúa a dinamización do galego entre a xente miúda e as súas familias da man do FalaRedes 2014
FalaRedes, o programa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa dinamizando o galego entre a xente miúda e as súas familias cos espectáculos "Os Bolechas e o Sabichón" e "As fabas máxicas", que esta fin de semana visitan catro vilas ourensás e dúas coruñesas.
Fonte: Xunta de Galicia
Dous centros educativos pontevedreses poñen en marcha un proxecto de innovación educativa e de fomento das linguas
O instituto Sánchez Cantón e a escola de Educación Infantil Crespo Rivas levan a cabo un proxecto de innovación educativa e de fomento das linguas, encontros nos que o alumnado asume o rol de profesor ou de estudante independentemente da idade.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín