Galicia
FalaRedes leva 'Os Bolechas e o Sabichón' e 'As fabas máxicas' a seis concellos da provincia da Coruña
O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana "Os Bolechas e o Sabichón" e "As fabas máxicas" a seis concellos da provincia da Coruña adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Os gañadores do concurso de curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ visitan o Festival de Cans
O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, visitaron o Festival de Cine de Cans na compaña dos 38 escolares e os catro docentes do CEIP de Leirado convidados a participar na actividade ‘Cans do futuro’.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo transmite en morse varios textos en galego de Díaz Castro e Rosalía a través do seu satélite Humsat-D
A Universidade de Vigo une o mellor das letras galegas coa tecnoloxía saída das súas facultades. A institución aproveita a entrega de premios de poesía, relato curto e tradución 2014 para transmitir en código morse ao espazo a través dos seu satélite Humsat-D o nome de varios autores e o primeiro verso do poema Penélope de Díaz Castro.
Fonte: Faro de Vigo
Cambados convoca un concurso de lemas entre escolares para fomentar o uso do galego
Dentro das actividades de dinamización lingüística do Concello de Cambados, a Administración local convoca un concurso de lemas entre os escolares, de maneira que os máis novos se animen a utilizar a lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
A Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago impulsa o ensino de Química en galego cun proxecto multimedia
A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela favorece a ensinanza de Química en galego a estudantes universitarios e de ensino preuniversitario través de Funil.gal, un proxecto multimedia que estará accesible na rede.
Salceda reivindica o galego como idioma nos actos fúnebres
O Concello de Salceda únese ao acto "En galego, agora e sempre" que se vén desenvolvendo en cemiterios de diversos municipios de Galicia co obxectivo de acercar o uso do galego aos actos propios das defuncións e os enterramentos.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Santiago de Compostela convoca as axudas á realización de teses en lingua galega
As persoas que este ano elaboren e defendan a súa tese de doutoramento en lingua galega poderán solicitar ata o 31 de outubro as axudas de ata 400 euros en forma de subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo.
O programa do Concello de Vigo "No verán... un conto" incluirá 40 actividades de normalización lingüística nos próximos meses
A concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou o programa "No verán... un conto" con preto de 40 actividades repartidas por todo o territorio vigués entre o 21 de xuño e o 13 de setembro.
Fonte: Concello de Vigo
Unha exposición recolle os 2460 topónimos de Santo André e Santa María de Xeve e Verducido
A Casa da Cultura de Santa María de Xeve acolle a exposición Chamadeiros que recolle a toponimia das parroquias de Santo André e Santa María de Xeve, e de Verducido.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Educación inaugura na Estrada a mostra 'Nimbos de luz' cunha xincana lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva estes días ao concello pontevedrés da Estrada a mostra itinerante ‘Nimbos de luz’, promovida pola Xunta de Galicia no marco das iniciativas conmemorativas das Letras Galegas 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín