Galicia
Cultura e Educación organiza a xincana ‘Díaz Castro na voz da xente’, que bota a andar na Rede de Dinamización Lingüística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de poñer en marcha a xincana “Díaz Castro na voz da xente”, que chegará desde este mes e ata decembro aos sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) incluídos na itinerancia da mostra “Nimbos de luz”.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha "Os Bolechas e o Sabichón", unha nova actividade dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes
A coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega desde esta primavera a 48 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos.
Fonte: Xunta de Galicia
O ISBN constata a mingua da edición en galego
O Ministerio de Cultura acaba de facer públicas as estatísticas do rexistro do ISBN, o número que identifica os libros publicados en todo o Estado, durante 2013. Segundo estas cifras, o libro galego continúa a minguar a súa presenza no mercado editorial, aínda que o descenso é menos acusado do que o doutros idiomas.
Fonte: Culturagalega.org
A Consellería de Cultura e Educación fomenta o coñecemento da toponimia galega no marco do proxecto Dragal
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou no IES Manuel Padín Truiteiro, de Soutomaior, a terceira das sete conferencias sobre toponimia que se desenvolverán durante o Mes das Letras en diversos institutos galegos no marco do proxecto Dragal.
Fonte: Xunta de Galicia
A Asociación Trabalingua convoca un concurso literario de microrrelatos co obxectivo de promover o uso da lingua galega

Entre cincuenta e sesenta quilos oscilaba o peso dun quintal, unha medida tradicional xa en desuso, que dende a Asociación Trabalingua recuperan para o concurso Quintal Literario, que convocan xunto coa Área de Normalización lingüística da Universidade de Vigo.
Fonte: Universidade de Vigo
Silleda premia o uso do galego no comercio
O Concello de Silleda, en colaboración co IES Pintor Colmeiro, a asociación Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a primeira edición do Premio Concello de Silleda á normalización lingüística nas empresas e comercios, co obxectivo de estimular o uso do galego no sector comercial e recoñecer o labor tanto das empresas cunha tradición recoñecida na normalización, como das que se incorporaron recentemente ás prácticas normalizadoras.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Portal das Palabras convértese nun dos finalistas dos Premios de Internet
O proxecto desenvolvido conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié foi escollido como un dos tres finalistas entre máis de corenta candidaturas.
Fonte: Real Academia Galega
Vinte novos xuristas ingresarán na Irmandade Xurídica Galega co obxectivo de impulsar o galego
A defensa do galego na xustiza será a encomenda dos 20 novos xuristas que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega.
Fonte: Galicia Confidencial
A Consellería de Cultura e Educación colabora no Festiletras 2014
O secretario xeral de Política Lingüística representou a Consellería de Cultura e Educación na inauguración do Festiletras 2014, unha celebración das Letras Galegas que se prolongará ata o próximo 18 de maio con múltiples e variadas actividades para diferentes públicos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Liga Estudantil Galega convida a comunidade universitaria a retratarse cun lema en apoio ao galego
A Liga Estudantil Galega organizou dous pousadoiros ou photocalls no campus de Pontevedra. Neles, convídase á comunidade universitaria a facer patente o seu apoio ao galego posando diante da cámara, cun lema reivindicativo nas mans, sobre un fondo no que se pode ler “A alma dun pobo é a súa lingua”.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín