Galicia
O Concello de Pontevedra organiza unha nova edición do programa de dinamización lingüística Galegote Rock

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza unha nova edición do programa de dinamización lingüística Galegote Rock, deseñado para promover os grupos musicais que cantan en galego e fomentar o uso deste idioma nas actividades de lecer da xuventude. Galegote Rock é un programa de concertos que se celebrará os vindeiros días 24, 25 e 26 de abril nas salas Karma e Pequeno Karma, en Pontevedra.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación estrea con éxito en Betanzos a obra de teatro 'As fabas máxicas', a segunda actividade de FalaRedes 2014
O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de estrear con éxito a súa segunda actividade, a obra de teatro As fabas máxicas.
Fonte: Xunta de Galicia
Nic.gal convértese no primeiro dominio de .gal activado pola ICANN
Nic.gal converteuse no primeiro dominio de .gal activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de sete anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de carácter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega.
Fonte: Asociación PuntoGal
Celébrase en Mondariz Balneario a xornada 'Lingua e empresa na Galicia de hoxe'
A Real Academia Galega e o Foro Enrique Peinador organizaron un encontro entre académicos e emprendedores co fin de analizar a situación do galego no mundo da empresa.
Fonte: Real Academia Galega
A Consellería de Cultura e Educación renova o seu compromiso coa Real Academia Galega para a transferencia de fondos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, asinaron un acordo de transferencia de dotación de fondos da Administración autonómica á institución lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha nova convocatoria de axudas de Cultura e Educación promove a planificación e a dinamización lingüística no ámbito local
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase Vive a Paixón, unha iniciativa dirixida aos máis novos para que participen en galego nos ritos da Semana Santa
A Confraría de Estudantes, o Concello de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia presentan a segunda edición da campaña Vive a Paixón, unha iniciativa dirixida á poboación máis nova co obxectivo de que participen en galego nos ritos propios da Semana Santa e compartan as súas experiencias nas redes sociais.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O historiador Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
O historiador Marcos Maceira será o novo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ao ser o único candidato a substituír ao que foi presidente durante 12 anos, Carlos Callón.
Fonte: Galicia Hoxe
A plataforma Queremos Galego convoca oito manifestacións simultáneas o 17 de maio, Día das Letras Galegas
Oito protestas convocadas pola plataforma Queremos Galego percorrerán as rúas das principais cidades galegas e da bisbarra da Mariña lucense o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, nunha mobilización "expansiva" que busca "multiplicar" a defensa da lingua galega.
Fonte: Galicia Hoxe
Xa está dispoñible en galego Ubuntu 14.04 LTS
Para todos os que anden á procura dunha alternativa libre e fiable a Windows, xa teñen dispoñible, e en galego, o Ubuntu 14.04 LTS.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín