Galicia

Convócase unha nova edición do Premio Leixaprén que recoñece a persoas e organizacións que defenden o galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convoca unha nova edición do Premio Leixaprén, unha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer a persoas, entidades e institucións que se caracterizan por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos sociais.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O grupo de investigación Griles impulsa un debate sobre a implantación dos estudos de lingua de signos nas universidades

Na actualidade a lingua de signos só está presente nalgúns posgraos, mentres que nos estudos de grao só a Universidade Pompreu Fabra ten un en Tradución e Interpretación, cun itinerario en lingua de signos catalá, que é unha lingua máis. Ante esta situación, o Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas da Universidade de Vigo, Griles, está a impulsar un debate que ten como finalidade “a implantación dos estudos de lingua de signos española, LSE, no ámbito universitario”.

Fonte: Universidade de Vigo

O alumnado de Mondariz e Salvaterra de Miño avalía a situación do galego no sector servizos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Mondariz, en colaboración cos departamentos de Matemáticas e de Lingua Galega e Literatura, promove a elaboración dun estudo sobre o uso das linguas no sector servizos de Mondariz. Trátase dunha xornada de intercambio sociolingüístico entre o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra de Miño e o do CPI de Mondariz que ten como obxectivo que o alumnado reflexione sobre a situación sociolingüística do galego levando á práctica os seus coñecementos de estatística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un ensaio analiza a situación do galego desde unha perspectiva ecolóxica

A editorial Xerais tira do prelo Contra a morte das linguas. O caso do galego, unha nova achega á investigación sociolingüística desde a perspectiva da ecoloxía.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O IES de Becerreá premiará accións que promovan a lingua e a cultura galegas

O IES de Becerreá vén de convocar o I Premio á Promoción da Lingua e a Cultura Galegas na Comarca dos Ancares. O obxectivo desta iniciativa é distinguir a persoas, colectivos ou entidades públicas e privadas que destaquen polo traballo en favor do idioma ou da cultura propias.

Fonte: El Progreso

O Concello de Pontevedra presenta unha nova edición do seu programa de actividades "Maio, Mes da Lingua"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición do seu programa de actividades Maio, Mes da Lingua, sumándose así aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas que ao longo deste mes terán lugar por todo o país.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Dirección Xeral de Xuventude inicia o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos

A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o programa de cursos de idiomas no estranxeiro para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Culleredo clausura o seu segundo curso de lingua de signos

Culleredo clausurou a segunda edición do curso de nivel básico de lingua de signos. O Concello celebra o "éxito" da iniciativa, na que se organizou a segunda edición polos bos resultados da primeira.

Fonte: La Opinión

A Consellería de Cultura e Educación convida a cidadanía a participar na I carreira Camiño das Letras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora coa primeira edición da Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva que se celebrará o domingo 18 de maio ás 10:30 horas na capital de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación celebra o Día das Letras Galegas no Gaiás cun recital poético-musical en homenaxe a Díaz Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra no Gaiás o Día das Letras Galegas cun recital poético-musical organizado polo Centro PEN Galicia para homenaxear o poeta lucense Xosé María Díaz Castro no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder