Galicia
O Concello de Santiago de Compostela organiza o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago organiza o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso do galego na comunicación comercial, asociar a lingua galega a proxectos de modernización e promover as empresas de ámbito local.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade da Coruña organiza o VII Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza o VII Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publícase a convocatoria de nove bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de nove bolsas de formación en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Redondela réndelles homenaxe ás linguas da península mediante unha exposición multilingüe e divulgativa
As bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística organizan a "Semana do libro, a festa das palabra". Esta celebración incide na animación á lectura e na divulgación das linguas que se falan na península ibérica como son galego, castelán, portugués, asturiano, éuscaro, aragonés, catalán, mirandés e aranés.
Fonte: Atlántico
A Universidade de Vigo é pioneira en formar intérpretes para casos de violencia de xénero
A Universidade de Vigo participa, xunto con outras oito institucións académicas do país, nun proxecto piloto que traballa na formación de intérpretes en violencia de xénero co fin de que estes poidan prestarlles unha mellor asistencia ás vítimas estranxeiras.
Fonte: Faro de Vigo
A Rede de Dinamización Lingüística pon en marcha a súa programación anual con dous tipos de obradoiros para xente moza

A Rede de Dinamización Lingüística, liderada pola Consellería de Cultura e Educación e da que forman parte máis de 150 entidades locais, pon en marcha a súa programación anual con dous obradoiros dirixidos a adolescentes. Trátase de actividades interactivas, que promoven a participación en galego dos asistentes, así como a reflexión sobre a lingua e o rexeitamento dos prexuízos que poidan inhibir o seu uso.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago de Compostela convoca as axudas para a realización de teses en galego
As persoas que este ano elaboren e defendan a súa tese de doutoramento en lingua galega poderán solicitar ata o 31 de outubro as axudas que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) convoca con ata 400 euros en forma de subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo.
Doce carreiras pola lingua percorrerán as localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio
O Correlingua percorrerá doce localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio baixo o lema "Galego, o paso adiante" en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado este 2014, Xosé María Díaz Castro.
Fonte: Correlingua
O IES Luís Seoane gaña a terceira edición do Club de Debate, unha iniciativa que busca fomentar a fluidez comunicativa en galego
O IES Luís Seoane, de Pontevedra, foi o gañador da fase final da terceira edición do Club de Debate, unha iniciativa promovida por diferentes servizos de normalización lingüística da Administración local co obxectivo de fomentar a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións entre o alumnado de ensino medio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Prolingua lanza unha iniciativa para que as persoas graven vídeos dicindo a frase "Por min o galego terá mil primaveras máis"
Prolingua vén de lanzar unha iniciativa para que todas as persoas que así o desexen graven uns breves vídeos de si mesmos, ou videoselfies, no que aparezan dicindo a frase "Por min o galego terá mil primaveras máis".
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín