Galicia
Cultura e Educación leva a Santiago de Compostela un concerto especial de Toc Toc no marco do programa FalaRedes 2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela o concerto infantil-familiar Toc Toc que, o domingo 30 de marzo, chegará á capital galega ante unha grande expectación no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística fará un informe para denunciar a vulneración de dereitos lingüísticos
A Mesa pola Normalización Lingüística realizará un informe, en colaboración con diversas entidades e institucións, para elevar a nivel internacional e denunciar ante a Unesco a vulneración dos dereitos lingüísticos dos falantes de lingua galega.
Fonte: La Región
O número de libros editados en galego caeu case á metade en 2013
Os libros publicados en galego en 2013 representan pouco máis da metade dos publicados o ano anterior, consolidando unha tendencia á baixa iniciada en 2008, ano no que, con 2070 títulos, se rexistrou o récord histórico.
Fonte: Praza Pública
A Real Academia Galega rexeita a palabra "pulpo" e ratifica "polbo" como forma normativa
A Real Academia Galega ratificou a palabra "polbo" como "forma normativa recomendable" en lingua galega, de maneira que rexeita facer oficial o termo "pulpo", tal e como reclamaba o Concello do Carballiño.
Fonte: La Opinión
Xa está dispoñible o novo Gnome 3.12 en lingua galega
O equipo galego de tradución de Gnome vén de anunciar a dispoñibilidade da nova versión da contorna de escritorio, a versión 3.12 de Gnome, cen por cen adaptada á lingua galega.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura e Educación edita un novo volume dos Cadernos de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de editar, por medio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), o décimo quinto dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, que sae do prelo no marco do proxecto de investigación homónimo que desenvolve este centro adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase o V Certame de Cinema OUFF Escola, que busca impulsar o uso do galego na actividade audiovisual entre a mocidade
O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o V Certame de Cinema OUFF Escola, que se desenvolverá no marco da décimo novena edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. O obxectivo de Ouff Escola é impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
FalaRedes pecha en Cuntis, Baiona, Santiago e O Porriño un mes de éxitos con 'Toc Toc' dinamizando o galego entre os nenos
O programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pechou un mes repleto de éxitos da man do concerto infantil-familiar Toc Toc.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Redondela organiza a sexta edición da Semana do libro: a festa das palabras
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e as bibliotecas públicas do municipio organizan a sexta edición da Semana do libro: a festa das palabras. Trátase dunha campaña de animación á lectura e de difusión das diferentes linguas que se falan na Península Ibérica, que se desenvolverá ao longo deste mes de abril.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Grove acolleu o acto de clausura da vixésima edición do Certame Gráfico pola Normalización Lingüística
O IES Monte da Vila do Grove acolleu o acto de clausura e entrega de premios aos gañadores da vixésima edición do Certame Gráfico pola Normalización Lingüística, acto organizado pola coordinadora de equipos de dinamización lingüística dos centros de secundaria da comarca.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín