Galicia
A Consellería de Cultura e Educación convoca cursos preparatorios do Celga presenciais en sete EOI de Galicia e tamén en liña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga), baixo as modalidades presenciais e en liña (estes últimos dirixidos ao nivel Celga 1).
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse catro bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo convoca catro bolsas para a Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación do estudantado, que participará nas actividades de dinamización, formación e planificación lingüística que se desenvolven na ANL.
Fonte: CTNL
Cultura e Educación apoia a IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que incidirá no coñecemento do léxico patrimonial
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas presentaron a IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que ten como obxectivo favorecer o achegamento dos escolares de ensino primario e secundario ao patrimonio lingüístico e cultural galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación apoiará os mellores proxectos de innovación en dinamización lingüística dos centros educativos
A Xunta de Galicia vén de facer pública, a través do Portal Educativo e da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a convocatoria pola que se establecen as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes da titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013-14.
Fonte: Xunta de Galicia
Varias nais e pais de Santiago de Compostela deciden formar un grupo para manter a transmisión do galego entre os seus fillos
O proxecto Tribo, posto en marcha por pais e nais de Santiago, consiste na creación dun grupo co obxectivo de reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos. Son xa trinta usuarios que se xuntan no parque de Belvís para crear un ambiente en galego que lles transmita o idioma aos máis pequenos.
Fonte: Praza Pública
A Cámara de Comercio de Vilagarcía impartirá clases de ruso e chinés, entre outros idiomas
A Cámara de Comercio chegou a un acordo co Instituto Madrileño de Formación para a creación do Instituto Cameral de Idiomas, onde se impartirán clases de inglés, francés e alemán, pero tamén de linguas de países emerxentes como o chinés ou o ruso.
Fonte: La Voz de Galicia
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela entrega os galardóns dos Premios á Calidade Lingüística
O reitor Juan Casares preside a entrega dos galardóns correspondentes aos Premios á Calidade Lingüística, convocados para promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación.
O Concello de Cee convoca a terceira edición do certame de relato curto "Igualando a lingua"
Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Cee fomentará o emprego do galego organizando o certame de relato curto "Igualando a lingua".
Fonte: La Voz de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación apoia o sector do libro cunha nova convocatoria de subvencións á tradución
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa o apoio á produción editorial e ao libro galego cunha nova convocatoria de axudas á tradución, en réxime de concorrencia competitiva, destinada á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e tamén á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Fonte: Xunta de Galicia
A mostra coa que a Xunta de Galicia conmemora as Letras Galegas 2014 fai parada en Vigo
‘Nimbos de luz’, a mostra itinerante promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco das iniciativas conmemorativas das Letras Galegas 2014 dedicadas ao poeta e tradutor guitiricense Xosé María Díaz Castro, chega a Vigo.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín