Galicia
A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia conmemorará o Día Internacional da Lingua Materna 2014 en Ourense
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, coordinada desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sumarase por segundo ano consecutivo á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que promove a Unesco.
Fonte: Xunta de Galicia
A Facultade de Humanidades de Lugo acolle unha proxección de curtas en lingua de signos producidas polo colectivo IDendeaf
A Facultade de Humanidades do campus de Lugo acubilla un relatorio e unha proxección de curtametraxes en lingua de signos española producidas pola Asociación para a Produción e Formación Audiovisual de Persoas Xordas (IDendeaf).
O IES As Fontiñas participa en Eurocatering, un proxecto de aprendizaxe do léxico da cociña, a hostalería e a recepción

O IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) está a desenvolver, en colaboración con outros centros educativos e organismos europeos, o proxecto Eurocatering, un sitio web de aprendizaxe de idiomas dirixido ao estudantado e aos profesionais do ámbito da cociña, a hostalería e a recepción. O proxecto inclúe léxico profesional e actividades didácticas en alemán, esloveno, español, finés, francés, galego, holandés, inglés, irlandés, italiano, noruegués e polaco, así como información sociocultural de utilidade para traballar nos diferentes países de Europa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación colaborará coa Fundación Eduardo Pondal en actividades de dinamización da lingua e da cultura galegas
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Fundación Eduardo Pondal, José Luis Fondo Aguiar, asinaron un acordo de colaboración para a promoción e difusión das actividades de dinamización da lingua e cultura galegas e o estudo e preservación da obra de Eduardo Pondal.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación presenta en Santiago o volume XXVII dos “Cadernos Ramón Piñeiro”
O salón de actos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolleu a presentación do volume Cadernos Ramón Piñeiro (XXVII). Cartas a Fermín Penzol nun acto presidido polo secretario xeral de Política Lingüística en representación da Consellería de Cultura e Educación, da que depende o CRPIH.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase en Santiago o novo corpus dixital aberto do proxecto internacional ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’
O proxecto internacional 'Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’ traballa dende o ano 2007 no rexistro e integración nun único banco de datos dun amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles. Agora, esta iniciativa vaise poñer a disposición das persoas interesadas de xeito libro e gratuíto nun corpus dixital.
Apróbase o informe sobre a iniciativa lexislativa popular que promove o fomento dos vínculos co portugués
Os catro grupos parlamentarios da Comisión de Cultura e Educación aprobaron por unanimidade o informe do relatorio sobre a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) Valentín Paz Andrade, que propón o fomento dos vínculos co portugués para reforzar os lazos entre Galicia e os países da lusofonía.
Fonte: Galicia Hoxe
O Concello de Redondela organiza unha campaña de promoción da lingua galega na actividade comercial e empresarial
Publicidade Redondelá é unha campaña de promoción da lingua galega na actividade comercial e empresarial. O obxectivo principal é darlles promoción aos establecementos que usan o galego como lingua habitual e animar a outros a que dean o paso e desenvolvan a súa actividade nesta lingua.
Fonte: SNL de Redondela
A asociación Prolingua pídelle a Vueling que use o galego nas súas aeronaves
A asociación de defensa da lingua galega, Prolingua, ven de pedirlle á compañía aérea Vueling que utilice o galego nas aeronaves que teñen como orixe ou destino os aeroportos de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
O xadrez presenta as súas normas por primeira vez en lingua galega

Consultar as leis do xadrez en galego é posible desde agora grazas á iniciativa da asociación Xadrez Trebellos e Educación que, co apoio da Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou Leis do xadrez, a primeira tradución das normas deste deporte mental ao galego.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín