Galicia

A Mancomunidade de Ordes inicia unha campaña para galeguizar a hostalaría na comarca

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes presenta a campaña de dinamización lingüística “En galego, o mellor sabor”, que desenvolverá en colaboración cos concellos de Ordes, Frades, Oroso, Cerceda, Tordoia e Trazo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Carballo organiza un obradoiro para aprender a cantar nanas en galego

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo organiza un fantástico obradoiro de nanas en lingua galega impartido por Xabier Díaz.

Fonte: Que Pasa na Costa

O Concello de Carral convoca unha nova edición do seu premio de poesía co apoio da Consellería de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, co Premio de Poesía Concello de Carral co obxectivo de promover a creación literaria en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase a tradución ao galego do 'Ulysses' de James Joyce

Logo dunha década de traballo, o equipo de tradutores de Ulises presentou na Real Academia Galega este clásico da literatura do século XX que chega ás nosas letras da man de Galaxia.

Fonte: Real Academia Galega

O conselleiro de Cultura e Educación participa na entrega da XIX edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no IES Rosalía de Castro na entrega da XIX edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente.

Fonte: Xunta de Galicia

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo reforza a oferta de cursos en liña

A Área de Normalización Lingüística (ANL) ofrece oito cursos cos que continúa o seu labor de mellora “da calidade da lingua galega que se usa nos diferentes ámbitos da comunidade universitaria” indica Paulo Cabral, director da ANL, subliñando que “o que procuramos sobre todo é incentivar o seu uso e incrementar a seguridade”.

Fonte: Universidade de Vigo

A Editorial Kalandraka traducirá ao galego a obra de Sendak

A obra de Maurice Sendak estará moi presente este 2014 no catálogo dos Libros para Soñar de Kalandraka, que durante este ano publicará unha decena de títulos do autor e ilustrador estadounidense.

Fonte: Galicia Confidencial

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal convoca un concurso de cartas de amor en galego

Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal organiza un concurso de cartas de amor en galego no que poderán participar os maiores de 14 anos.

Fonte: El Correo Gallego

O Portal das Palabras recibe un premio ao mellor Proxecto Colaborativo Empresarial

O Portal das Palabras é un proxecto desenvolvido conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié que ten como obxectivo a difusión e modernización do léxico e o traballo lexicográfico mediante a aplicación, neste eido, das novas tecnoloxías da información e o emprego dunha linguaxe actual, áxil e dinámica, aberta a todas as persoas interesadas en coñecer mellor a nosa lingua.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta convoca a nova edición do programa ‘Lingua de namorar’ para fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas

As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, veñen de convocar a nova edición do certame Lingua de namorar que busca fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas, especialmente en momentos de lecer.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder