Galicia

O Premio a artigos xornalísticos normalizadores cumpre dez anos mantendo a arela de fomentar o prestixio do galego

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, convoca a décima edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Fonte: Concello de Carballo

Telegram xa pode empregarse en galego vía web

Telegram aspira a converterse nunha alternativa sólida a WhatsApp, coa vantaxe de ser unha solución baseada en software libre, o que permite que, entre outras cousas, sexa posible a súa localización. Isto está a levar a que se poida conseguir o código fonte da aplicación de Telegram para Android en galego grazas ao traballo colaborativo de distintos tradutores.

Fonte: Código Cero

A Universidade de Santiago pon en marcha un concurso para promover o uso do galego como medio de transmisión das matemáticas

‘Explícoche Matemáticas 2.0’ é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e a súa Comisión de Normalización Lingüística. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Concello de Oroso convoca un concurso de receitas de Entroido en lingua galega

O Concello de Oroso convoca unha nova edición do concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor”. As receitas deben ser típicas do Entroido e estar redactadas en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Anúnciase a próxima convocatoria de cursos de lingua galega para as entidades locais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística diríxese ás entidades locais (deputacións, concellos, mancomunidades, consorcios e agrupamentos de concellos) para anunciarlles a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preséntase o libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo

O libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo presenta a versión galega do tratado de veterinaria do século XIV De medicina equorum nunha edición que, sen alterar a realidade lingüística que reflicte o códice que a envía, opta pola súa regularización gráfica axudándose doutros elementos co fin de corrixir algunhas das probables deficiencias que o testemuño presenta.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócanse axudas para a edición de publicacións periódicas en galego

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia publica a convocatoria de subvencións para empresas que editen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O conselleiro de Cultura e Educación presenta no Gaiás a programación da Xunta para as Letras Galegas 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura de Galicia a programación promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2014, dedicadas ao poeta e tradutor lucense Xosé María Díaz Castro.

Fonte: Xunta de Galicia

Prolingua denuncia o uso de topónimos deturpados en varios medios estatais nas informacións sobre os temporais en Galicia

O uso de topónimos deturpados teñen posto en pé de guerra a asociación Prolingua que vén de denunciar o uso de nomes das localidades galegas que se usaban no Franquismo.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Pontevedra organiza un curso para a dinamización do galego a través do xadrez

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Escola de Xadrez de Pontevedra e a Asociación de Veciños Ponte Muíños, organiza un curso de iniciación ao xadrez, no marco do programa de actividades de dinamización lingüística no ámbito do lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder