Galicia
O Café de Idiomas complementa a oferta do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago nun contexto informal
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela (CLM) e a Biblioteca Anxel Casal desenvolven o Café de Idiomas, un punto de encontro para o alumnado e ex-alumnos/as do CLM que atoparán na Biblioteca un contexto distinto para poder seguir practicando dun xeito informal as súas competencias lingüísticas.
A Deputación da Coruña destina 144 000 euros a servizos lingüísticos de 38 concellos
O programa de servizos lingüísticos dos concellos da Deputación contará este ano con 144 000 euros que se destinarán a 38 municipios da provincia, agrupados en 24 solicitudes de axudas, todas as presentadas nesta convocatoria, xa que algúns deles as pediron de forma mancomunada.
Fonte: La Opinión
O IES da Pobra do Caramiñal organiza a segunda edición da campaña de dinamización lingüística "21 días co galego"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Departamento de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal organizan a segunda edición da campaña de dinamización lingüística "21 días co galego", que ten como obxectivos perfeccionar a competencia lingüística do alumnado e promover a reflexión individual sobre os propios usos lingüísticos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha nova edición do certame 'Ben veñas, maio' na busca de creatividade en galego nos institutos de Pontevedra
O Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de normalización lingüística dos IES da cidade, pon en marcha unha nova edición do certame "Ben veñas, maio". Trátase dunha actividade cultural destinada a que os alumnos dos institutos pontevedreses expresen a súa creatividade artística en lingua galega.
Fonte: Pontevedra Viva
Un ciclo de cine mostrará en Redondela éxitos do audiovisual en galego
Co obxectivo de "mostrar a riqueza e utilidade da lingua galega para as creacións audiovisuais", o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela programou un ciclo de cine que terá lugar no Multiusos da Xunqueira en venres alternos nos meses de febreiro, marzo e abril.
Fonte: Faro de Vigo
O CPI de Mondariz organiza un concurso para premiar a camiseta co lema en galego máis creativo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI de Mondariz organiza o concurso “Co galego na túa camiseta”, que ten como obxectivo premiar o/a autor/a da camiseta co lema máis creativo, de entre todas as elaboradas no obradoiro de camisetas con lemas ou ditos en galego que se desenvolveu o pasado mes de xaneiro neste centro educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O 80 % das publicacións traducidas ao galego son libros de texto e contidos educativos
A pesar de conformar o groso da tradución ao galego, os libros de texto e os de lectura obrigatoria no sistema educativo non aparecen recollidos nos estudos realizados sobre o sector da tradución en Galicia. Este baleiro levou a profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo Liliana Valado a realizar na súa tese de doutoramento unha análise pormenorizada das publicacións traducidas ao galego.
Fonte: Universidade de Vigo
O Museo de Viladonga edita unha guía en cinco idiomas con datos de case dúas décadas de investigacións
Unha guía con explicacións en cinco idiomas (galego, castelán, francés, alemán e inglés) e con datos de diferentes traballos realizadas en case 20 anos. O Museo de Viladonga, situado en Castro de Rei, acaba editar unha publicación que pon ao día a historia recente dese lugar.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta busca vías para reforzar o ensino do chinés en Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a directora do Instituto Confucio en España, Li Zhang, analizaron as posibles vías de colaboración para establecer bolsas coas que o alumnado galego poida estudar chinés no país oriental.
Fonte: El Correo Gallego
Convócase unha nova edición dos Premios de Publicidade en Galego 2013
Xa están dispoñibles as bases da nova edición do Premio de Publicidade en Galego 2013 que convoca o Consello Asesor da RTVE en Galicia e a CTRVG. Os galardóns diríxense a recoñecer o traballo despregado polos medios, axencias ou entidades que promovan ou difundan anuncios ou cuñas publicitarias transmitidas integramente en galego.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín