Galicia

O Real Club Celta cambia os letreiros en castelán por outros en galego nas portas do Estadio Municipal de Balaídos

O Real Club Celta vén de atender unha das demandas que lle fixo un amplo sector da afección celeste cando decidiron homenaxear as lendas da historia do club nas portas do Estadio Municipal de Balaídos. Así, os letreiros, que estaban en castelán, están a cambiarse por outros en galego.

Fonte: Moi Celeste

Árabe, inglés e tailandés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución das entidades de atención a mulleres

O árabe, o inglés e o tailandés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre deste ano no servizo de teletradución instalado pola Secretaría Xeral da Igualdade en máis de 70 entidades de atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación leva ‘Peter Punk’ e ‘Rosalía pequeniña’ a Noia, Xove, Dumbría e Vilalba

Dúas actividades de dinamización lingüística coas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a lingua de Galicia nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia continúan co seu itinerario durante o verán.

Fonte: Xunta de Galicia

A nova versión do xogo de estratexia «A batalla polo Noroeste» está completamente traducida ao galego

Acaba de publicarse a versión 1.10.7 do xogo de estratexia "A batalla polo Noroeste". Esta nova versión mellora a estabilidade do xogo, aínda que a novidade máis importante é que está completamente traducida ao galego, incluídos os textos das imaxes como os mapas ou o logotipo do xogo.

Fonte: Trasno

Propoñen modificar o topónimo da localidade ourensá de Viana do Bolo

O promotor da iniciativa é o edil socialista Jesús Salgado, quen pretende eliminar O Bolo do topónimo oficial do municipio ourensán e substituílo por Viana do Bibei -nome do río que cruza a vila- ou simplemente Viana.

Fonte: Noticias Galicia

O Servizo de Normalización Lingüística da Terra de Melide presenta un trivial para Android

O Trivial da Terra de Melide é unha aplicación para smartphones e tablets co sistema operativo Android totalmente de balde e recolle 200 preguntas sobre o medio, a cultura e a sociedade, a arte, a historia e os personaxes célebres dos concellos de Melide, Toques e Santiso.

Fonte: Código Cero

Pontevedra acolle o festival de rock en galego 'Brinca na Praza'

A cidade de Pontevedra acollerá os días 30 e 31 de agosto a primeira edición do festival 'Brinca na Praza', que inundará de rock en galego a Praza do Teucro.

Fonte: Europa Press

O Concello de Santiago de Compostela organiza un curso para aprender a falar galego

Estranxeiros, persoas procedentes doutras comunidades e galegos que desexen perfeccionar o idioma terán a oportunidade de asistir a un curso de conversación que organiza Raxoi.

Fonte: El Correo Gallego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a ausencia do galego no campionato de surf Pantín Classic

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o idioma galego é “o grande ausente do Pantín Classic”, que celebra a súa edición número 26.

Fonte: Ferrol 360

Os alumnos galegos falarán na lingua na que se imparte a materia

O curso pasado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón a varios sindicatos e entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística ou a Real Academia Galega nos recursos que presentaran contra o decreto do plurilingüismo no ensino.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder