Galicia

O BNG leva ao Parlamento de Galicia o debate sobre o estudo do galego no Bierzo

Os problemas que con cada inicio de curso se fan visibles arredor do ensino do galego nalgúns centros educativos da comarca serán tema de debate no Parlamento de Galicia.

Fonte: Diario de León

O Concello de Carral pon en marcha unha nova campaña para promover o uso do galego

O Concello de Carral puxo en marcha unha nova campaña para fomentar o uso do galego. A iniciativa consistirá na repartición de folletos nos edificios municipais e na colocación de carteis, que se poderán descargar da páxina web municipal e do blog do departamento de Cultura.

Fonte: La Opinión

O Plan Local de Inmigración de Ferrol organiza cursos de lingua galega e castelá

O Concello de Ferrol, no marco da celebración do I Plan Local de Inmigración 2011-2014, organiza un ano máis cursos de alfabetización en lingua galega e castelá, como consecuencia da demanda do colectivo inmigrante da cidade.

Fonte: Diario de Ferrol

O Concello do Grove deseña un novo curso de galego para inmigrantes

O Servizo de Normalización Lingüística do Grove prepara un novo curso de galego para inmigrantes, o cal podería empezar a finais deste mes ou a principios do próximo.

Fonte: Faro de Vigo

‘Os Axóuxeres’ chegarán esta semana a Ames, Burela e Viveiro, da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará esta semana o programa de dinamización lingüística “Os Axóuxeres” a tres localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A campaña #AndroidEnGalego alcanza máis de 2000 apoios nos primeiros días do seu lanzamento

A campaña #AndroidEnGalego suma xa 2000 apoios dende o seu lanzamento, co obxectivo de urxir a Google a traducir ao galego a versión base de Android que se distribúe a todos os fabricantes e así permitirlles aos usuarios escoller este idioma nos seus dispositivos con independencia da marca.

Fonte: Galicia Hoxe

Comeza a emisión do programa de radio escolar Ponte en galego!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Breamo (Pontedeume) retoma este curso a emisión do seu programa de radio escolar Ponte en galego!

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Foro E. Peinador proponse celebrar todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial

O Foro E. Peinador proponse celebrar todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial animando un proceso no que a lingua galega vaia ocupando espazos na sinalética, na etiquetaxe, na publicidade e nas relacións laborais, seguindo as recomendacións da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e a Lei de normalización lingüística de Galicia.

Fonte: Galeguizar Galicia

A Consellería de Cultura e Educación clausura en Burela a exposición itinerante sobre Roberto Vidal Bolaño

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Roberto Vidal Bolaño clausuraron a exposición “Roberto Vidal Bolaño”.

Fonte: Xunta de Galicia

Ferrolterra xa conta coa súa primeira escola en galego

Ferrol xa pode presumir de escola en galego. Trátase de Avoaescola Ferrolterra, un espazo educativo en galego dedicado, nun primeiro momento, a nenos e nenas até os 6 anos, coa finalidade de se transformar nunha escola infantil.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder