Galicia

A Real Academia Galega e Portugal únense para potenciar os seus idiomas

A Real Academia Galega e o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa estudan posibles colaboracións en diferentes áreas para o fortalecemento de ambas as linguas.

Fonte: La Opinión

A Consellería de Cultura e Educación confirma o correcto desenvolvemento do protocolo de colaboración con Castela e León

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron un encontro con representantes do departamento educativo de Castela e León, no que se confirmou o correcto desenvolvemento do protocolo de colaboración vixente entre ambas as dúas comunidades para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das zonas do Bierzo e de Sanabria.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes cooperarán na difusión e promoción da lingua e a cultura galegas no exterior

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, asinaron un protocolo de colaboración para a organización e a execución conxunta de múltiples actividades no ámbito da lingua e a cultura galegas nos centros dependentes do instituto.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua e a Editorial Kalandraka recibirán o premio Xoán Manuel Pintos

O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) fixeron pública a resolución do Premio Xoán Manuel Pintos 2013, deseñado para recoñecer o labor das persoas ou entidades que axudan a impulsar a presenza da lingua na sociedade e ao mesmo tempo manter viva a figura do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García asiste á sesión extraordinaria da RAG con motivo da recepción como académico de honra de Arcadio López Casanova

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á sesión extraordinaria pública que celebrou a Real Academia Galega con motivo da recepción como académico de honra de Arcadio López Casanova.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación levará ‘Os Axóuxeres’ a Vilalba, a Mos e ao Porriño a vindeira fin de semana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a despregar os “Encontros dos Axóuxeres” en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Xesús Vázquez Abad ratifica a colaboración da Xunta coas tres universidades de Galicia a prol da investigación lingüística

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ratificou a colaboración da Xunta de Galicia coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa Universidade da Coruña (UDC) e coa Universidade de Vigo (UVigo) para levar a cabo programas nos que se enmarcarán diferentes accións en materia de investigación lingüística ata o ano 2015, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo amplía ás escolas infantís as actividades para normalizar o uso do galego

A edil de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, explicou que o Goberno local programa tamén actividades para nenos de cero a tres anos. "Pretendemos que, dunha forma totalmente natural, o noso idioma sexa utilizado en todos os ámbitos", asegurou Abelairas, polo que as propostas municipais se estenden dos centros educativos ás bibliotecas, museos e incluso cafeterías.

Fonte: Concello de Vigo

Máis de 9000 alumnos reclaman o uso do galego para aprender ciencia

Máis de 9000 alumnos de 150 centros escolares participan nas videoconferencias que organiza a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística con motivo do IV Día da Ciencia en Galego.

Fonte: La Opinión

Comeza un ciclo na Universidade de Vigo que avoga por levar a lingua galega a todos os servizos da rede

O ciclo "O galego na vangarda tecnolóxica" estase a celebrar na Facultade de Filoloxía e Tradución na Universidade de Vigo. Entre outras cousas, fai fincapé no positivo que sería empregar o galego ata as últimas consecuencias nas redes sociais.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder